Peter Rabbit anímanos!!!
Good morning amiguiños e amiguiñas do C.R.A., casi sin darnos conta estamos na metade da semana. Disfrutáchedes con Peppa Pig e @s seus amigos? Pois hoxe quere estar con nós un coelliño moi especial. Si, si estades no certo é Peter Rabbit, tan traviesiño coma Cheeky Monkey ou mais.
Algúns de vós xa poidestes ver a peli comigo no cole o curso pasado nas nosas sesións de cine, con "ticket" real e todo jjjj. Téñoa gardada para cando voltemos ás escolas e fagamos unha boa sesión.
O caso é que non sei si sabedes que o conto no que se basa a peli foi escrito por Beatrix Potter (inglesa) e temos unha bonita historia de Peter Rabbit en debuxos. Querédela ver? Dura un bo rato (25´), así que poñédevos cómodos e a disfrutar! Non vos preocupedes que todo acaba ben. Iso si, Peter leva un castigo por desobedecer á súa mamá, que ben que lle dixera que non entrara na leira de Mister Mc Gregor.
Despois desta bonita historia e como de seguro tendes ganas de mover un pouquiño o esquelete, velahí vos vai unha "song" de bunnies/coelliños, coa que podedes practicar a contar cara atrás e de paso dar uns chimpos sen mancarse nin romper nada, jjj.
Verdade que se nos está pasando o día ben rápido? Como sei que moitos/as de vós adorades as fichas e colorear, déixovos tres para elexir. Se non as podedes imprimir ou non tedes folios, podedes xogar a ser artistas coma Beatrix e tratar de debuxalas vós (en calquera folla ou material) e engadir detalles da vosa creación.
" E isto é todo amig@s" coma diría Bugs Bunny.
No hay comentarios:
Publicar un comentario