Good morning girls and Boys, menudo tormentón que nos caeu onte pola tarde. Menos mal que estábamos tod@s na casiña! Moito me acordei eu de Incy Wincy, a nosa simpática spider que quería escalar pola tubería, pero a choiva dificultáballe as cousas. Que nos vos dades conta? Veña xa vos refresco eu a memoria.
Bueno como vedes o meu non é o mundo da canción, pero "I do my best" jjj. Si queredes unha versión mais profesional aquí tedes a que viamos no cole, onde a chulita de Incy sonríe feliz cando consigue chegar arriba.
Eu construín o meu propio teatriño con material que tiña na casa: goma eva, papel, limpa pipas, … pero hai mil maneiras de recrear a canción e xogar con Incy. Desde con pintura de dedos ata empregando rolos de papel. Mirade cantas boas ideas, animádesvos?
E se buscades algo mais sinxelo, pois temos para todos os gustos e posibilidades.
Por suposto hai mil opcións e vós podedes discurrir unha nova e mandarlle ás titoras fotos ou escribirme un comentario no blogue.
E por si a familia se anima a cantala con vós, déixovos a letra.
Estade pendientes esta tarde que anuncian que vai estar "stormy" a ver si vedes a Incy Wincy polo balcón ou no xardín. Saíde cando pare de chover eh, que sodes un pouco coma Cheeky e ben sei que vos gusta mollarvos, jjj
Espero que vos guste a sesión de hoxe. Recordade seguir sendo así de boíños e boíñas. Un bico moi grande e ata mañá! See you tomorrow!
Moitisimas gracias profe polos teus videos.... Encantadas de ver os monkeys e recordar as cancións💖
ResponderEliminarUn bici grande de Aroa!!
Sigo dicindo que moitas grazas a vós porque ver que vos gusta e saber de vós é de moita axuda e anima un mundo. Unha sorpresiña temos preparada para esta semana. Estade atentas. Un feixe de bicos Aroa and family!!!
ResponderEliminar