Mi lista de blogs

Happy Easter


Acaba outro trimestre e colleremos estes días de descanso con ilusión. Traballamos e aprendemos moitas cousas. Algunhas delas se recollen nas carpetas "with our English work" que levamos ás casas. O protagonista da portada non podía ser outro que Easter bunny (coelliño de Pascua). Alegramos a nosa actividade coa súa canción e vimos nas pantallas o que esconden os ovos de pascua "Easter eggs".














Happy Easter!

More things about United Kingdom


Durante estes días pasados estivemos aprendendo mais cousas de Reino Unido. Recibimos a visita duns "teddies" moi especiais que chegaron directamente desde Londres e traían unhas cartas nas que nos explicaban cal era a súa misión nese país: un "royal guardian", un "beefeater", un garda escocés,...


 Limos entusiasad@s as súas "letters" (cartas) e descubrimos moitas cousas do seu país.


Realizamos fichas dos "monuments" mais representativos.


Tamén falamos das comidas. Contáronnos que a mais popular é "fish and chips" (peixe rebozado con patacas fritidas) e que hai cadeas e restaurantes que so sirven esta comida.



































Por suposto eleximos unha canción "song" axeitada e recurrimos a unha que algúns xa cantaramos o curso pasado: One, two, three, four, five, once I caught a fish alive. (1,2,3,4,5 unha vez pesquei un peixe). Podédela practicar cos vosos fill@s




Reitero os meus agradecementos ás compañeiras por me prestar un material tan motivador.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...