Mi lista de blogs

Time to say goodbye



   Hello girls and boys! Hoxe é un día "sweet and sour" (agridoce). Por unha banda é alegre porque colledes as vacacións, pero por outra triste porque é día de despedidas. Son moitísimas as cousas e momentos dos que disfrutamos xunt@s no cole e tamén neste tempo de confinamento, grazas aos vídeos que nos mandabades e os que compartíamos as/o profes.

   Hoxe toca decir "bye bye" para os e as maiores que se van, pero un "see you soon" para tod@s, porque medianos e menos maiores verémonos á volta das vacacións "at school" e aos maiores estarán sempre nos nosos corazóns.

   Por iso a profe Eva liounos a tod@s para facervos este vídeo de despedida:



   Con todo o noso cariño!!! We love you! Mirade de qué xeito volo din os Monkeys, jjjj deulles vergoña falar.



   Das cousas mais bonitas do noso traballo é poder compartir con vós anaquiños das vosas vidas. Grazas por ser tan estupendos e estupendas e grazas ás vosas familias porque sin elas todo isto non sería posible. Un feixe de apertas e bicos, que ogallá nos podamos dar en nada. A big hug! E disfrutade das merecidas vacacións!






Holidays are coming!



   Good morning children! Today is Thursday and tomorrow Friday, that means that you´ll be on holiday!!!!! Yeah. Hoxe é xoves, mañá venres e iso significa que teredes as vacacións!!! Holidays are coming como canta Peppa superhappy nesta pagadiza canción.



   Os Monkeys e eu temos que agardar ainda uns diíñas pero xa imos ir preparando a maleta "suitcase". Como a Praia é o noso primeiro destino meteremos...mellor o vedes no vídeo, jjjj





   Penso que non se nos esquece nada. Ilusión e ganas temos para dar e repartir. Peppa tamén ía toda emocionada "excited" coa súa familia. O pobre de "Daddy Pig" moita paciencia ten, jjjj.





   Outros que van gozar do lindo tamén, son os/a nos@s amig@s da Paw Patrol, ainda que eles sempre teñen que andar atent@s por se teñen que rescatar a alguén.




Queredes facer a vosa propia "suitcase" con material de refugallo? A min gustoume moito esta idea. A ver qué vos parece a vós.





   Bueno rapaciños e rapaciñas, mañá será o noso último día deste curso tan raro. A ver se argallamos os Monkeys e eu algo especial. Un millón de bicos virtuais! Ata mañá!

Dreaming with Ringo Starr



   Hello children! Este curso tan extrano está tocando ao seu fin e eu quería casi despedirme cun libro moi especial. Sabedes que adoro as historias, porque nos permiten soñar e vivir aventuras que non podemos na vida real. A historia de hoxe, está basada nunha canción dun dos grupos de música mais famosos: os Beatles escrita  por Ringo Starr (un dos seus membros). Aquí tedes unha foto do grupo:



   O libro titúlase Octopus´s garden (O xardín do polbo) e as ilustracións son de Ben Cort. No cole falamos sempre dos ilustradores e as ilustradoras porque son unha parte moi importante dos contos.

   Queredes que volo presente? A edición en España é bilingüe (español e inglés), que é a que temos Monkey e eu na casa.


   A canción di así: "I´d like to be under the sea, in an octopus´s garden …" Encantaríame estar baixo a auga do mar, no xardín dun polbo… A vós gustaríavos ser coma o protagonista da historia? A min si, pero por un anaco , jjjj

   O libro e a canción son tan famosas que temos ata trailer:


   É pegadiza verdade? Podédela poñer como música de fondo, mentras facedes as vosas propias ilustracións do libro. Para os/as menos atrevid@s déixovos tamén unha ficha para colorear e engadir detalles coa vosa imaxinación.


   Se estades animados podedes crear as personaxes do mar e debuxarvos vós "diving" buceando. Sei que a estas alturas estades xa moi cansos/as e con gañas de vacacións, así que non vos vou insistir en que fagades cousas ainda que sexan divertidas; xa retomaremos despois das "holidays" con forzas a tope.

   Un biquiño moi grande "girls and boys" espero teñades disfrutado un día mais. Ata mañá! 

Going to the mountains


   Good morning children! Today is Tuesday and It´s still cloudy, sniff. O mal tempo non nos ten que desanimar, nun día anubado hai mil cousas que podemos facer: disfrutar dun bo libro, axudar a facer unha torta, soñar aventuras,...e falando de aventuras, onte empezamos a pensar nas vacacións e falamos da praia "beach" como posible destino. Pois estou pensando eu, que outro bo lugar para pasar uns días, serían as montañas "mountains".

   Esta foto é dos Ancares, unhas montañas preciosas que son parque natural e que temos moi preto. Eu estiven alí o sábado cos/as amig@s, pero non levei aos Monkeys porque tiñan un cumple. 



En todo o percorrido non atopamos a ningunha persoa, pero si  animais que estaban tranquiliños no seu medio: vacas  "cows", cabalos "horses", paxaros "birds" e ata un touro "bull" que non parecía moi "happy" por vernos. Pasamos con coidadiño e respetando a paz da natureza. Mirade qué cara de poucos amigos.



   Cando nós imos ás montañas temos que ser moi respetuosos cos animais que alí viven, porque é a súa casa. Nós estamos de visita.



   Verdade que vos animaríades a uns diíñas de aventura polas "mountains"? Ímonos meter en ambiente con esta canción titulada "I love the mountains" Amo as montañas.




   Qué animais atopades polas montañas cando ides de excursión coa familia? A ver si son algún dos que saen nesta pegadiza canción.



   Probade a poñela outra vez e decilos in English, a ver cantos sodes capaces de recordar.

   E agora toca un momento "sweet" (doce) se vos animades. Apetécevos facer cookies con forma de montañas? Premede no enlace para ver a receita e non esquezades chupar os vosos "fingers" ao rematar.


   E xa para rematar déixovos cun conto precioso, que forma parte das lendas dos paises do leste. Titúlase kolobok que é un postre moi especial en Rusia (como para os ingleses/as o "gingerbread man"). Na historia Kolobok alónxase da casa sen permiso, os animaliños das montañas quéreno comer, pero el canta unha canción para librarse, ata que un astuto "fox"... Non volo perdades!!!




   É asegunda vez que sacamos en conclusión que marchar sen permiso trae problemas. Así que xa sabedes amiguiños e amiguiñas a portarse ben e non despistarse dos maiores que coidan de nós. Un biquiño a ata mañá.

Get ready for summer




   Hello Boys and girls! Esta é a nosa última semana de cole. Vai ser un fin de curso un pouco raro, porque non nos poderemos despedir dos/as compas e mais d@s profes, pero tentaremos facer que a despedida virtual sexa a mellor posible.

  Témonos que preparar para o verán "Summer" que, ainda que non se note moito, xa está a piques de entrar. Summer time is here again! Qué cousas son coas que mais disfrutades nas vacacións de verán? Vouvos dar algunas ideas:



   
   Estando un día tan "cloudy and rainy" costa imaxinarse na praia ou piscina, pero soñar é gratis, jjjj e seguro que para a finde que xa asoma "Summer" virá un precioso "sunny day" para facer o que mais nos gusta e gozar das vosas merecidas vacacións "holidays". Preparámonos? 




   Pois despois de esta música tan chula, ímonos poñer traballar un pouquiño, que parece que o día é o propio para sentarse a colorear e pensar. Elexide entre estas propostas:





   Nesta última ficha tedes que pegar arriba as cousas propias de "Summer" e abaixo as que son doutras estacións.


   E para rematar, unha bonita historia de Milo na Praia co seu "daddy and mummy". 




   Vedes o que pasa por despistarse e alonxarse de papá e mamá sen avisar? Menos mal que todo rematou cun "happy ending" final feliz. 

   Ata mañá amiguiños e amiguiñas!!! Have a nice time!!!

Friday, time for a happy face!



   It´s Friday!!! O noso día favorito da semana porque chega a finde e podemos xogar canto queiramos. Así que ide poñendo "happy face" coma este neno, que mañá podemos levantarnos mais tarde e disfrutar da "weekend" coa familia. Recordades a canción de "Friday"?




   Queredes aprender a debuxar unha "happy face" con música?




   Seguro que vós facédelo moito mellor que a nena do vídeo,jjj No cole cando foi Halloween tamén lle fixemos "eyes, nose and mouth" á nosa "pumpkin", pero daquela a boca tiña un sorriso asustador, non moi happy. A que queredes volvela ver?




   Imos debuxar a cara de Monkey! Non digades que non sabedes. It´s easy/ é doado xa veredes. Déixovos este vídeo de explicación.




      Xa non tedes excusa,jjj. A ver que debuxos mais chulos facedes.

   Eu na casa cando era pequeña/ "little" xogaba cos meus irmáns a poñer caras divertidas "funny faces" e o meu irmán era sempre o campión. Podemos facer un "book" para combinar "eyes, nose and mouth" a ver que caras nos saen. Premede no enlace para ver a explicación.



   Recordamos primeiro cómo nomear as partes da cara "in English".





  
 Tamén o noso amigo CoComelon xoga a "funny faces". Propoñédello a daddy, mummy, brother, sister,...que seguro rides un bo cacho. A pasar unha boa finde amiguiños e amiguiñas. O luns voltamos con mais novidades. Happy weekend!



Ten green bottles hanging on a wall




   Hello boys and girls! Hoxe imos pasar un rato divertido contando cara atrás "in English" cunha das cancións que mais vos sorprendía no cole: Ten Green bottles. Na versión que nos gustaba as botellas ían caendo e logo subían dende ao río á ponte por arte de maxia, deixándonos a todos coa boca aberta.

   Como esa versión non a podemos colgar no blogue, porque ten dereitos de autor, pois imos disfrutar doutra tamén moi divertida na que un traviesiño monkey fai que as "bottles" caian.



   Qué vos pareceu? Non fagades vós iso na casa, jjjj. O que si podemos facer é inventar un xogo de "bowling"/ bolos caseiro. Collemos 10 botellas de plástico baleiras que xa non se usen, escribimos os números ata dez nelas, utilizamos una pelota pequeña que teñamos por casa e a disfrutar! Tedes que decir o número de botellas que caen en inglés.



   Probade a construir o voso propio "wall"/muro para ir facendo que caian as botellas. Pode ser algo así:


   Ou tamén así:



Coñecemos moitas cancións de contar cara atrás (ou de restar) que xa vimos en entradas anteriores do blogue:

   Five Little monkeys jumping on the bed,
   Ten Brown teddy bears,
   Five Little ducks,...

   Pois imos seguir cos números e ainda que ata dez sei que contades perfectamente, póñovos esta tenra canción de Coccomelon coa que seguro disfrutaredes.



   E xa para rematar, coloreamos esta ficha de "bottles" no contenedor do plástico para reciclar? Estes días as profes insistíronvos moito na importancia da reciclaxe para conservar o medio ambiente. 



   De qué cor sería o contenedor se as botellas foran de vidro? Podédelo debuxar vós mesmos.

   O noso slogan ten que ser este: " Reduce, reuse, recycle" Reduce, reutiliza, recicla. Veredes que ben o entendemos con esta canción.



   Pois xa mais nada amiguiños e amiguiñas. Con isto e un biscoito, ata mañá ás oito, ou un pelín mais tarde q por esas horas ainda estaredes soñando. A seguir portándose así de ben. Seeyou!!!!

School supplies




      Good morning boys and girls! Hai moitos días que non pisamos as nosas aulas "classrooms". Algún/ha dos maiores foron ao cole recoller material. Seguro que temos bastante esquecido, de non vernos en días, cómo se chamaba "in English" o material que empregamos na aula e mais as mesas, sillas, pizarras,...

   Imos refrescar a memoria con este vídeo. 


   O inglés que se fala nos Estados Unidos, ten algunas parabriñas diferentes ao que falan os/as ingleses/as de Reino Unido. Por exemplo os de USA chámanlle "eraser" á goma de borrar e nós ( que estudiamos o inglés británico) chamámoslle "rubber".

   A que xa non vos acordabades de moitas das palabras. Pois veña, dámoslle outro repasiño con "music" que é a maneira mais doada e divertida de aprender as cousas.


   E agora a xogar un pouquiño, con este Memory Game. Premede no enlace e tentade decir as palabras en inglés a ver cántas recordades.


   Igual podemos facer tamén unha fichiña ou dúas, que levamos moitos días sen darlle as nosas "crayons, scissors and glue", jjjjj.




   E para os/as mais animad@s e maiores:




   Bueno amiguiños e amiguiñas imos rematar con este vídeo deste profe algo "funny". Espero tiverades pasado "a good time" un rato agradable. Happy Wednesday! Mañá mais sorpresas "in English".





Hands: different skin same heart



   Hello Children! Aquí estamos un día mais, algo "cloudy". Vedes qué imaxe tan bonita de todas as mans unidas formando un "heart"/ corazón ? Estes nenos e nenas quérennos transmitir que podemos ser diferentes, altos, baixos, rubios, morenos, de pel pálida, de pel mais escura,...pero dentro de cada un de nós latexa un mesmo corazón; e unidos/as podemos facer moitas mais cousas. 

   Como hoxe a cousa vai de "hands" (mans) ...vou deixar que vos riades un pouquiño coa miña interpretación da canción dos "fingers", que sabemos que son os dedos das mans e non os paíños de peixe ultraconxelados, jjjjj. Ao dedo do medio podémolo chamar "heart" (corazón) ou "middle finger" e ao meñique "little finger" ou "pinky".





   Hai na rede mil cancións moi divertidas cos nosos "fingers" e as mais populares son as que utilizan un dedo para cada membro da familia. Chéganvos os dedos para todos/as @s que vivides na casa: mummy, daddy, brother, sister, baby,...?


Mirade a "hand" de Monkey:

   
   Podemos estampar as nosas hands con pintura de dedos e inventar algún animal ou persoa.

   De todas as versións que coñezo, a que mais lles gusta aos Monkeys é esta da "Justice League". A ver qué vos parece. Estes días tan próximos ás vacacións, non quero poñervos mais que cousas divertidas, porque fostes uns/has campións/as e traballastes e aprendestes moito. Un biquiño. Con estes/as superhéroes e heroínas despedímonos ata mañá. Have fun!!!




World Oceans Day



   Good morning children! Hoxe, día 8 de xuño, celebramos o Día Internacional dos Océanos/ World Oceans Day. Con esta canción tan pegadiza podemos aprender os nomes e particularidades dos "five oceans" en inglés.



   Durante o curso disfrutamos un montón con contos e historias que tiñan que ver coa vida mariña. Este foi un dos que mais nos gustou:







   Hoxe Monkey proponnos outros dous libros preciosos que teñen como protagonistas a peixes e nos falan da vida nos océanos. Cando voltemos ao cole prometemos contárvolos.






   Moito temos falado da importancia de coidar o noso planeta, de reducir o consumo de plástico e de ser responsables e reciclar, para que os plásticos non acaben nos océanos e causen a morte de moitos animaliños que alí viven.
   Mirade qué ben nolo explica unha das vosas cancións favoritas "Baby Shark" na súa versión "Help"/Axuda! Os océanos nos piden a berros que tomemos conciencia e sexamos responsables cos residuos.



   Nestes días estamos vendo imaxes do efecto da xente pouco responsable co coidado do medio ambiente, que se desfai de mascarillas e luvas en calquera sitio e acaban no mar. Isto entristécenos moito. Mirade este home cántas recolleu el so nas praias de Hong kong para axudar a limpar o noso medio natural.

   Nós podemos facer moito para salvar o planeta e manter os océanos libres de contaminación. Reducir o consumo de plástico e reciclar é responsabilidade de todos/as. 

   Quero despedir este día dos océanos con boas novas que nos chegan de Greenpeace, a balea xorobada (coprotagonista do conto The Snail and the Whale) estase recuperando, en parte por la prohibición da súa captura, pero tamén polo coidado entre tod@s do medio ambiente. Deste xeito podemos disfrutar dunha especie tan necesaria para o equilibrio ecolóxico xa que nos axuda coa producción do aire que respiramos  e do seu canto tan particular.



   Un biquiño moi grande amiguiños e amiguiñas "my friends". Recordade ser cada día un pouquiño mais responsables e disfrutade moito, que xa asoman as vacacións. See you tomorrow!

Names



  Hello children! Today is Friday e xa temos ganiñas de fin de semana. Se vos aburrides moito podedes visitar os blogues porque hai historias tan bonitas e divertidas...

   Hoxe imos falar dos nosos "names". Gústavos o voso nome? Cando nacín eu, meu pai e miña nai agardaban un neno e xa tiñan elexido poñerme Andrés. Logo levaron a sorpresiña de que fun nena e tiveron que elexir rápido, jjjj. Puxéronme Covadonga, que significa a señora da cova. Conta a lenda que unha muller se lles apareceu a uns pastores nunha cova en Asturias para axudalos porque estaban perdid@s.

   Cada "name" ten unha historia preciosa detrás. Podedes investigar na orixe do voso nome ou preguntarlle a papá/ mamá.

   No cole ás veces xogamos a que non nos coñecemos e nos preguntamos os "names". Mirade qué canción mais graciosa de "puppets" para presentarse en inglés.


   Xogade a presentarvos cos distintos membros da vosa familia. Non vos esquezades de decir "nice to meet you" encantado/a de coñecerte.

   My name is Covadonga, pero todo o mundo chámame Cova. O meu nome empeza pola letra C. O meu amigo inseparable chámase Monkey. O seu empeza pola letra M. Qué cousas se vos ocurren que empecen pola inicial do voso "name"? Imos facer un debuxo co noso nome, a letra pola que empeza e cousas que se vos ocurran que tamén empecen pola vosa letra. Pode quedar algo así:






   Hai moitas cousas chulas que podemos facer coas letras dos nosos nomes. Probamos a escribilas nun folio e pegarlles anacos de papel, poñerlle brillos,...?


   Seguro que vos tamén tivestes que elexir nomes algunha vez, para as vosas mascotas, para un irmanciño/a pequeno…

   Todos e todas temos un nome e iremos aprendendo a deletrealo, coma os nenos e nenas desta familia.



   Pouquiño a pouco iremos aprendendo o alfabeto. Non é tan complicado xa veredes. Axuda bastante facelo con música. 



   Tiñamos que acabar a xornada con algo espacial, jjjjj. Un biquiño e ata o luns. See you on Monday! Sede boíños/as e a disfrutar da finde.





Learning with aliens



   Good morning children! Moi ben o pasamos onte co conto dos alieníxenas que viñan roubarnos a roupa interior! Comprobariades que non vos falte ningún "underpants",jjjj.

   Como as viaxes interespaciais nos fascinan, imos seguir co tema dos platillos voantes e naves espaciais e facer un "trip" polo universo en "flying saucer" ou "spaceship".



   Dámoslle algo de alegría á xornada con esta canción e de paso recordamos cómo contar cara atrás.



   A min encantaríame viaxar polo espacio en "Spaceship" e ver de preto todos os planetas da nosa Galaxia, que en inglés chámase "Milky Way". Sabedes os nomes dos planetas? Sei que si, que sodes moi listiños/as e temos comentado moitas veces no cole que os días da semana gardan relación con eles. Os/as ingleses/as empezan a semana polo domingo/Sunday; o día do sol.

   Imos facer una viaxe musical para aprender os nomes dos 8 planetas.



   As vosas profes teñen nos seus blogues cousas chulísimas do Universo que podedes voltar visitar.

   Nós imos construir os nosos propios "flying saucers" con marcianos/as incluid@s. Animádesvos? Pois seguide as instruccións premendo no enlace.

https://ladiversiva.com/como-hacer-un-platillo-volante-tripulado-con-el-marcianito-mas-simpatico


   Se non tedes material ou preferides colorear esta ficha que eleximos Monkey e eu paréceme que vos vai gustar.




   Pois rematamos a xornada de hoxe cun pouco de marchuki interestelar. Propóñovos menear os vosos "bodys" con estes aliens tan festeiros/as. Ata mañá Bergondiños/as!!!


Aliens love underpants





   Hello girls and boys! Today is cloudy e é un día perfecto para soñar e disfrutar dun bo conto. Imos voar coa nosa imaxinación! 

   Seguro que moit@s de vós recordades o conto dos alieníxenas que viñan ao noso planeta a roubarnos a roupa interior "underpants". Criaturiñas! Eles non tiñan no seu planeta e ao ver as nosas bragas e calzoncillos colgadas nas cordas a secar, non se podían resistir a xogar con eles. Xa de paso tamén decidían tentar levar algún para o seu planeta.





   Véselles tan contentiños/as que dan gañas de regalarllos, jjjj. Imos subir nun platillo voante (coa nosa imaxinación) e disfrutar desta bonita historia.





   Qué vos parece se nos debuxamos cun dos "aliens" na súa "spaceship" nave espacial? Ou coloreamos esta ficha tan divertida?



   Propóñovos que fagades o voso propio alien con roupa interior. Inventade os "underpants" mais atrevidos e divertidos. Poñédelle tantos "eyes, noses, legs, hands,..." como vós queirades. A crear! Pode quedar algo así.



   Ou tamén crear o voso tendal. Poden axudar papá, mamá, os irmáns, as irmás,...e diseñar un/has cada membro da familia.



   Premendo no enlace desta imaxe atoparedes cómo crear "underpants" con stickers.


   Espero que teñades pasado un bo rato ruliños/as. Mañá voltarei con mais cousas chulas. Recordade mirar no caixón da roupa interior non se colara un "alien" roubarvos algún calzoncillo ou braga, jjjj. A big hug!


Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...