Hello children! Today is Friday e xa temos ganiñas de fin de semana. Se vos aburrides moito podedes visitar os blogues porque hai historias tan bonitas e divertidas...
Hoxe imos falar dos nosos "names". Gústavos o voso nome? Cando nacín eu, meu pai e miña nai agardaban un neno e xa tiñan elexido poñerme Andrés. Logo levaron a sorpresiña de que fun nena e tiveron que elexir rápido, jjjj. Puxéronme Covadonga, que significa a señora da cova. Conta a lenda que unha muller se lles apareceu a uns pastores nunha cova en Asturias para axudalos porque estaban perdid@s.
Cada "name" ten unha historia preciosa detrás. Podedes investigar na orixe do voso nome ou preguntarlle a papá/ mamá.
No cole ás veces xogamos a que non nos coñecemos e nos preguntamos os "names". Mirade qué canción mais graciosa de "puppets" para presentarse en inglés.
Xogade a presentarvos cos distintos membros da vosa familia. Non vos esquezades de decir "nice to meet you" encantado/a de coñecerte.
My name is Covadonga, pero todo o mundo chámame Cova. O meu nome empeza pola letra C. O meu amigo inseparable chámase Monkey. O seu empeza pola letra M. Qué cousas se vos ocurren que empecen pola inicial do voso "name"? Imos facer un debuxo co noso nome, a letra pola que empeza e cousas que se vos ocurran que tamén empecen pola vosa letra. Pode quedar algo así:
Hai moitas cousas chulas que podemos facer coas letras dos nosos nomes. Probamos a escribilas nun folio e pegarlles anacos de papel, poñerlle brillos,...?
Seguro que vos tamén tivestes que elexir nomes algunha vez, para as vosas mascotas, para un irmanciño/a pequeno…
Todos e todas temos un nome e iremos aprendendo a deletrealo, coma os nenos e nenas desta familia.
Pouquiño a pouco iremos aprendendo o alfabeto. Non é tan complicado xa veredes. Axuda bastante facelo con música.
Tiñamos que acabar a xornada con algo espacial, jjjjj. Un biquiño e ata o luns. See you on Monday! Sede boíños/as e a disfrutar da finde.
No hay comentarios:
Publicar un comentario