Mi lista de blogs

World Oceans Day



   Good morning children! Hoxe, día 8 de xuño, celebramos o Día Internacional dos Océanos/ World Oceans Day. Con esta canción tan pegadiza podemos aprender os nomes e particularidades dos "five oceans" en inglés.



   Durante o curso disfrutamos un montón con contos e historias que tiñan que ver coa vida mariña. Este foi un dos que mais nos gustou:







   Hoxe Monkey proponnos outros dous libros preciosos que teñen como protagonistas a peixes e nos falan da vida nos océanos. Cando voltemos ao cole prometemos contárvolos.






   Moito temos falado da importancia de coidar o noso planeta, de reducir o consumo de plástico e de ser responsables e reciclar, para que os plásticos non acaben nos océanos e causen a morte de moitos animaliños que alí viven.
   Mirade qué ben nolo explica unha das vosas cancións favoritas "Baby Shark" na súa versión "Help"/Axuda! Os océanos nos piden a berros que tomemos conciencia e sexamos responsables cos residuos.



   Nestes días estamos vendo imaxes do efecto da xente pouco responsable co coidado do medio ambiente, que se desfai de mascarillas e luvas en calquera sitio e acaban no mar. Isto entristécenos moito. Mirade este home cántas recolleu el so nas praias de Hong kong para axudar a limpar o noso medio natural.

   Nós podemos facer moito para salvar o planeta e manter os océanos libres de contaminación. Reducir o consumo de plástico e reciclar é responsabilidade de todos/as. 

   Quero despedir este día dos océanos con boas novas que nos chegan de Greenpeace, a balea xorobada (coprotagonista do conto The Snail and the Whale) estase recuperando, en parte por la prohibición da súa captura, pero tamén polo coidado entre tod@s do medio ambiente. Deste xeito podemos disfrutar dunha especie tan necesaria para o equilibrio ecolóxico xa que nos axuda coa producción do aire que respiramos  e do seu canto tan particular.



   Un biquiño moi grande amiguiños e amiguiñas "my friends". Recordade ser cada día un pouquiño mais responsables e disfrutade moito, que xa asoman as vacacións. See you tomorrow!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...