Mi lista de blogs

We love Stories

Encántanos que nos conten contos! No mes de abril, aproveitando a celebración do Día do Libro, disfrutamos con fantásticas historias en inglés coas que damos renda solta á nosa imaxinación ao tempo que aprendemos. 
O primeiro conto seleccionado foi: There was an old lady who shawolled a fly. A descabellada historia dunha muller maior que traga unha mosca e decide comer unha araña para atrapala no estómago. O conto vaise desenvolvendo cun cúmulo de animais aos que a muller se vai engulindo para librarse dos anteriores. Moito nos gustou.




Outro dos contos que nos fixo soñar foi: Papa please get the moon for me, onde unha nena ao comtemplar a lúa dende a ventá da súa habitación quere collela para xogar con ela. Ao non poder pídello ao seu pai, quen argalla a maneira de facelo.




Grazas a este conto sobor da lúa, coñecimos a dous personaxes moi entrañables. Wallace and Gromit. A comida favorita de Wallace é o queixo e decide nas vacacións viaxar á lúa porque ten a idea de que esta está feita de queixo. Con este fin constrúe o seu propio cohete.


O mundo dos contos é unha oportunidade única para, grazas a motivación que despertan nos nenos e nenas, desenrolar desde pequenos a comprensión nunha lingua estranxeira e enriquecer o seu vocabulario ao tempo que lles permiten soñar.
En próximas entradas seguirémosvos presentando mais dos nosos contos e historias favoritas. 

Getting ready for Easter


Achégase un dos momentos do ano que mais lles apaixoa aos nosos nenos/as Easter (Pascua) e con el o coelliño "cute and friendly" que lles trae deliciosos ovos de chocolate. Para ir abrindo boca, disfrutamos co precioso conto de Beatrix Potter : The Tale of Peter Rabbit.





Peace



   Onte celebramos en todas as escolas do CRA o Día da Paz e dende as sesións de "English" tamén quixemos aportar o noso graniño de area coa lectura dun conto precioso e entrañable : Hugless Douglas de David Melling. Douglas non precisa outra cousa que unha aperta e levántase unha mañá na procura dunha, pero parece que atopar cariño é unha misión difícil e en especial para un oso.
Con este conto valoramos a importancia dos xestos de cariño e disfrutamos practicando diferentes tipos de "hugs" (apertas).


Aquí tedes o vídeo para que o compartades tamén nos vosos fogares.


Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...