Mi lista de blogs
Winter (inverno)
As temperaturas axudan estes días. Mirade que abrigadiños vimos ao cole.
Deste xeito temos ocasión de nomear as prendas de inverno en inglés. Cheeky monkey (vestido para o frío) foi ao parque co seu amigo Rory e seguimos as súas aventuras nas pantallas das nosas aulas. Secuenciamos as distintas partes da historia e fixemos fichas, algunhas moi divertidas, con pegatinas e todo.
It´s cold (vai frío)
Por fin chegou o inverno, pero a nós pillounos preparados. Vese que os Reis Magos trouxeron este ano roupa de abrigo para tod@s e tamén á familia Monkey. Deste xeito podemos aprender en inglés dun xeito significativo algunhas prendas de inverno: hat, scarf, jumper, coat and gloves. E como non, disfrutar coas aventuras de Cheeky.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)