Mi lista de blogs

Umbrellas



   It´s rainy today! Un día perfecto para estar na casa e disfrutar das cousas que mais nos gustan e das actividades que vos propoñemos as/o profes. Temos mil cancións favoritas da choiva, como a de Rain, rain go away! ou a de Incy Wincy Spider, pero nós no cole divertíamonos moito coa adaptación que fixeramos da do "umbrella" para cada escola. En vez de "In Bergondo" deciamos o nome do noso "school". Recordades?


   Se estades decididos/as a saír, non vos esquezades de levar "umbrella and boots". Ide ben abrigadiños/as "under" debaixo e tede moito coidado de non sair voando "up in the sky" como lle pasou ao tío nesta canción.



   Cando Monkey era moi pequeniño, encantáballe que lle lera un conto titulado "The Big Umbrella" O paraugas xigante. É una historia preciosa que nos ensina a compartir con todos e todas, se poñemos da nosa parte. Todos/as cabemos no mundo sexamos como sexamos altos/tall, baixos/short, de pel branca/pale skin, de pel negra/black skin,...

   Déixovos co conto.



  Did you like it? Gustouvos? Sigue sendo un dos favoritos de Monkey. Recordades cando no patio ás veces vos enfadades porque non vos deixan xogar e dinvos " e que solo podemos xogar catro"? Pois con este conto aprendemos que sempre hai un sitio para alguén mais.

   Queredes facer un debuxo do conto? Imaxinade que sodes os/as ilustradores e facedes a portada.

   E como segue a chover e vos sodes moi traballadoriñ@s, pois vouvos proponer diferentes manualidades de plástica por se vos animades con algunha.






Tedes a explicación de cómo facelas no seguinte enlace:







 Tamén molaría debuxar aos/as amig@s, familia, mascotas,...debaixo deste "Big Umbrella".



   Bueno ruliños e ruliñas, espero teñades disfrutado desta sesión. Mañá vémonos virtualmente con mais historias, cancións e actividades. Un biquiño children! See you!







No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...