Mi lista de blogs

Getting dressed for summer



   Hello girls and boys! Hoxe estreamos mes "June" e con el xa logo empeza o verán "summer". We love summer!!! Encántanos o verán, non si? Levamos días disfrutando de xogar fora, de bañarnos na pisci ou no mar, de saborear "ice creams",... Coma este tan "yummy" feito por Amaia.



   Supoño que algún/ha cando probou a roupa do verán pasado, notou que medrara tanto que xa vai ter que repoñer. Qué vos parece se aprendemos o nome dalgunhas prendas de vestir "in English"? 

   Xa sabemos as propias de "Winter" cando vai frío, pero nestes días tan "hot" precisamos roupa mais fresquiña.

   Moitas veces papá ou mamá nos teñen que meter algo de presa para que nos vistamos, porque remoloneamos un pouco. Recordades cómo nos riamos co neno que se esquecía ata de poñer os zapatos para ir ao cole? A súa nai e irmá metiánlle boa presa "hurry up!" pero el era un pelín desastre.

   Ímonos preparar nós axiña. Toca vestirse rapaciños/as!


   What is your favourite T-shirt? Cal é a vosa camiseta favorita? Tod@s temos algunha. No cole cando vindes cunha que vos mola, non queredes abrochar o mandilón para lucila.

  Supoño que seredes boíños/as e axudaredes na casa, que estes días os papás e as mamás teñen moito traballo e hai que colaborar. Podemos botar una man a tender a roupa, por exemplo. Mirade o que lle pasou a este pobre home  cando se levantou vento...jjjj



   Eu ainda lle teño que mercar un bañador a Monkey porque en nada imos marchar uns diíñas de vacacións e o do ano pasado non lle vale. Tocará preparar maleta. Sabedes doblar ben a roupa? A profe Rosa da escola de Silvoso comparte connosco este vídeo cuns truquiños que o fan mais doado. Premede no enlace.






Esta nena tamén prepara a súa "suitcase"/ maleta para irse de vacacións, ainda que parece que ten poderes máxicos e non precisa dobrar a roupa, jjjjj.







   Qué meteríades vós na vosa "suitcase"? Colorea as que queiras levar.



   Podedes facer a vosa de mentirijillas. 


   Pois empezamos a semana con moitos folgos e ilusión. Mañá é outro día. See you tomorrow with more surprises!!!


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...