Mi lista de blogs

London 2012


Non podiamos rematar o curso sen adicarlle un pouquiño do noso tempo aos Xogos Olímpicos de Londres (London 2012) e deste modo vestir ao noso fiel amigo Cheeky Monkey coa camiseta de deporte e que protagonice as portadas das nosas carpetas co traballo dos últimos meses.
Así que mans á obra explicamos un pouquiño da historia dos xogos, falamos do que simbolizan os aros olímpicos e dixemos as súas cores en inglés, situamos London, vimos algún dos seus monumentos mais representativos e valoramos a  importancia de facer deporte como hábito de vida sana.  


















































As carpetas inclúen algunhas fichas ou letras de cancións complementarias ao traballo desenvolvido na aula. Por tratarse o infantil dunha etapa na que a aprendizaxe dunha nova lingua (neste caso o inglés) debe facerse dun xeito lúdico a través de xogos, cancións e contos fundamentalmente, o traballo de fichas é moi reducido ao primar a expresión e comprensión oral.





Art project


Como todos os cursos desde o cole de "Cruz do Sar" nos invitan a participar nun proxecto común para traballar nas aulas, e nós sumámonos encantad@s. Tamén desde a área de "English" quixemos colaborar. Este ano o tema elexido é "Art" así que pensei que sería boa idea darlles a coñecer aos nenos@s do C.R.A. a galería de arte moderno mais importante de Reino Unido: a Tate Modern de Londres.


  
Consultamos información en internet e imprimimos algunhas fotografías reprentativas deste museo, así coma cadros dos artistas     elexidos nas aulas e expostos algunha vez na Tate. 





















Na aula das bolboretas de Carrio prestáronnos un libro en inglés precioso: Babar's Gallery. Conta a historia de como no puebliño de Babar reconvirten unha antigua estación de tren nun museo e nos presenta cadros famosos que tratamos de identificar. Cheeky Monkey e eu contámolo en todas as escolas. 






A idea do libro de Babar levounos a confeccionar o noso propio libro de arte en inglés no C.R.A. Neste caso a galería sería a Tate e nas páxinas colocamos cadros dos artistas elexidos polas titoras e traballados nas aulas e que estiveran algunha vez expostos neste museo. Cada grupo se debuxou a si mesmo visitando o museo na sala do seu artista.


























Como non todos os pintores elexidos teñen obras expostas na Tate, confeccionamos un marcapáxinas para o libro: un avión da British airways rumbo a Londres e no que os pasaxeiros foron os nen@s das escolas sen representación no museo.




O resultado final foi un libro precioso elaborado entre tod@s e que nos serviu para aprender algo mais sobre arte e compartir os nosos coñecementos con tod@s @s nen@s do C.R.A



art project on PhotoPeach

Incy Wincy spider


Como na aula das bolboretas en Carrio son tan amig@s dos animaliños, decidimos disfrutar con esta canción tradicional dunha araña "spider" que sufre un pouco para subir pola tubería en días de choiva. Con ela ao tempo que aprendemos, melloramos tamén a nosa coordinación manual. Vede que ben o facemos! Tamén vos presento a letra e mais o vídeo do British Council (que foi o que  utilizamos para aprendela) por se vos queredes animar vos na casa a cantar con eles. 








Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...