Mi lista de blogs

The very hungry caterpillar


Comenzamos esta semana coa celebración do "Book Day" (día do libro) e que mellor xeito de facelo que coa lectura do conto "The very hungry caterpillar" de Eric Carle que foi a recomendación de Cheeky Monkey para esta data.



Disfrutamos do placer de escoitar esta bonita historia coa que practicamos vocabulario referente a comidas (froitas en especial), aprendemos a nomear aos protagonistas en inglés "caterpillar" (eiruga) e "butterfly" (bolboreta), ao tempo que expresamos a sensación de fame "I´m hungry, I want to eat" (teño fame, quero comer) e adxetivos como "delicious".
Aproveitando ao protagonista "the caterpillar" buscamos mais contos en inglés de eirugas, e Cheeky presentoulles este co que contamos cara adiante e atrás ata dez.


A miña visita a Londres ao final do curso pasado, foi moi fructífera, xa que alí puidenme facer con material moi difícil de conseguir aquí, como puzzles e barallas de cartas do conto de "The very hungry caterpillar" coas que aprendemos ao tempo que xogamos na clase.  



Tamén fixemos uso dos encerados dixitais das distintas aulas para traballar a nosa atención e memoria e reforzar o vocabulario.




Por suposto tamén realizamos diferentes fichas sobor da historia e iniciamos a elaboración de posters decorativos con material de refugallo.





Pasamos unha moi boa semana do libro, agora as nosas "spaceships" reclaman despegar en breve. 

Books in English...Good idea! Libros en inglés...Boa idea!



O vindeiro luns, día 23, celebramos o día do libro. Para todos aqueles pais e nais que teñades pensado agasallar a os vosos fill@s cun, por que non facelo con un "book in English" para que os vosos nen@s empecen a formar a súa propia biblioteca tamén en inglés. 
Cheeky Monkey, gran amigo deles, faivos desde este blogue unha recomendación The very hungry caterillar de Eric Carle. É, na miña opinión unha auténtica xoia de libro, moi visual, manipulable e con un esquema moi repetitivo que lles envolve na historia. Describe a vida dunha eiruga "caterpillar" ata converterse en bolboreta "butterfly". Con el aprenden tamén nomes de froitas e os días da semán. Estámolo a contar na clase (aproveitando que na aula das bolboretas iniciaron un proxecto dos vermes), e penso que ao coñecelo xa, resultará atractivo para eles adquirilo e velo na casa. Incluso algún nen@ se animará a verbalizar fragmentos. Sei que os libros en inglés non son doados de conseguir nas librerías tradicionais, sempre se pode recurrir a internet. 
Feliz día do libro! Happy Book Day!

Wallace and Gromit



Na escola de Carrio, na aula das xoaniñas están a facer un proxecto sobor do espacio e nós na clase de inglés recuperamos unha das aventuras de dúas personaxes entrañables da cultura británica Wallace e o seu canciño Gromit, na que deciden visitar a lúa, que visionamos nas pantallas das distintas escolas.
Con estes bonecos de plastilina melloramos a nosa comprensión oral ao tempo que aprendemos a expresar os nosos gustos e disgustos sobor das comidas. Wallace adora o queixo "cheese" e nós verbalizamos "I like cheese" ou "I don´t like cheese".
Manuel, un neno de Carrio, sorprendeunos cunha "spaceship" moi orixinal realizada por el, e penso que podiamos tentar de facela nas aulas a vindeira semán.   







Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...