A cidade de New York apasiónanos e nós seguimos cos preparativos e a organización da nosa viaxe. Recolidos xa os distintos billetes de diferentes transportes, clasificámolos e fixemos un xogo de memoria para aprender o nome dos diferentes medios de "transport" en inglés. Foi moi divertido.
Pero non nos esquecemos de preparar a nosa "suitcase" (maleta) e como sabemos que agora en New York vai frío, metemos todo o necesario: hat, gloves, scarf, jumper and coat.
Andamos emocionados con voar "by plane" tanto que ata preparamos esta bonita e alegre canción e unha ficha para recordar a letra e ensinarlla os nosos pais/nais.
Ata outra amiguiños/as.