Mi lista de blogs

I love you mum!




Good morning children! Outra semaniña que xa casi casi vai aló. Víchedes que tarxeta prepararon Monkey e Cheeky para dicirlle á súa mamá canto a queren? Nós no cole xa temos practicado moito cómo poñer as mans en forma de "heart" (corazón) e dicir I love you!

   Como as vosas mamás son todas moi modernas e marchosas, elexín esta canción para celebrar o seu día. Con ela podedes bailar toda a familia e pegarlle un repasiño ás partes do corpo. A ver si vos gusta. Di algo así: "I love you more tan I can say" (quérote mais do que podo expresar) "you mean the world to me" (eres o mundo para min). Happy Mother´s Day! Feliz Día da Nai!





   Supoño que teredes mil ideas de agasallos para as vosas nais, pero por si queredes "English ideas" aquí tedes algunhas que buscamos os monkeys e mais eu.




   Estas podédelas colorear e recortar e logo pegar nunha cartulina ou papel de agasallo recortados en forma de corazón. Se non tedes impresora non vos preocupedes porque podedes escribir vós I LOVE YOU! (quérote) e decorar as letras que sodes uns/has artistas. Pode quedar algo mais ou menos así.


   Tamén podedes facer a forma das vosas "hands" recortalas e unilas cunha tira de papel de cor e escribir I LOVE YOU SO MUCH (quérote moitísimo). Podedes pedir axuda a "daddy" ou a un irmán/á maior.


   Se buscades inspiración ou mais ideas, pinchade no seguinte enlace:


   Durante toda esta semana adicamos as entradas do blogue de English á familia e en especial ás mamás, por ser o domingo o seu día. Non vos perdades os contos e as cancións como o de Where´s Spot? ou ou de Goldilocks (pinchade nos enlaces).


https://crainenglish.blogspot.com/2020/04/wheres-spot.html



   Ata a semana que ven! Disfrutade moito da finde en familia. See you!

Goldilocks and the three bears


   Hello amiguiñ@s! Pois xa estamos a Wednesday. Faltan catro días para o Día da nai e nós seguimos con historias que teñan como protagonista á familia. Coñecedes o conto de Goldilocks and the three bears? Igual sónavos mais en galego Riciños douro e os tres osiños. Pois "in English" a nena chámase Goldilocks. É un nome moi musical, non si? 

   Goldilocks vive coa súa nai nunha casiña a carón do bosque e encántalle coller frores e xogar no xardín. A súa mamá tenlle prohibido ir soa ao bosque. Un día Goldilocks desobece á súa "mummy" e acaba perdida, cansa e con fame. Atopa unha casa no medio do "forest/wood" e decide entrar. Queredes ver qué pasa? 

  
  Esta versión é preciosa! So que o debuxante non lle fixo o pelo moi rizado a Goldilocks, jjj

   O que aprendemos deste conto, que xa sabíamos é que temos que facer caso do que nos di a nosa mamá, porque ela sempre pensa o que é mellor para nós. Bueno e tamén a papá e aos avós e avoas.

   Este é un dos contos favoritos de Cheeky Monkey, pode ser porque Goldilocks é algo "naughty" traviesiña coma el. Víchedes que na casa tiñan cada cousa acorde co seu tamaño: "big" para daddy bear, "medium" para mummy bear e "little/small" para baby bear.

   Seguro que tedes ganas de facer un debuxo deste conto. Podédelo asinar coma os/as artistas que sodes e gardalo de agasallo para mummy. Este pódevos servir como inspiración.

   


      Hai mil cousas que podemos facer si vos apetece traballar un pouquiño. Un boneco articulado de Bear,

Unha "mask" de Baby Bear


Personaxes para o noso teatriño

 Colorear, recortar e pegar según tamaños
 Puppets para xogar

Pois como xa estaredes con ganas dun pouquiño de "music" imos recordar a canción de osiños/bears que se caían da cama e tanta graza nos facía no cole.



   Pois espero teñades disfrutado. Mañá voltarei con mais cousiñas chulas. A big kiss/un bico enorme! Ata mañá e sede boíños/as.

Where´s Spot?

  
 Good morning children! Seguimos nesta semaniña adicada á familia e en especial ás nosas mamás. Xa tedes pensado con qué as ides sorprender "on Sunday"? A miña ainda garda os debuxos que lle facía eu no cole. Mirade que mimosiña era eu cando tiña cinco anos, jjjj e cómo coidaba de min a miña mamá.



   Quen tamén coida do seu filliño é Sally unha cadeliña moi xeitosa cunha cría á que non lle gusta moito cear. O seu filliño chámase Spot, que significa manchiña e sempre se esconde o moi xoguetón cando é a hora da cea "dinner time". Vós non faredes esas travesuras verdade? Temos que alimentarnos para medrar fortes e sans.

   Vouvos contar este conto tan especial e veredes cantos animaliños aparecen nel. Tentade decilos vós "in English".






   Sodes capaces de recordalos en orden? Está ben, farémolo entre tod@s.




   Ocurríuseme que podiades facer ao "crocodile" agochado debaixo da cama/bed. Mirade nas vosas non vaia ser que non pasaredes a roomba/konga/aspiradora e apareza algún, jjjj. Non, que é una bromiña das miñas.



   Tedes que colorear, recortar e pegar. Se non a podedes imprimir non vos preocupedes, podedes debuxar a vosa cama, recortala e poñerlle un cocodrilo debaixo. Ou facer a vosa propia versión da historia como os animaliños para o teatriño que vos propuxen o outro día.

   Polo que me contades no cole, tod@s ou casi tod@s tedes mascotas/pets na casa. A ver si saen nesta canción!


   Será algunha destas a/as vosas? 


   Espero que vos gusten o conto e a canción e disfrutedes con todas as actividades. Se me queredes mandar algunha foto dos vosos traballos ou comentarme algunha cousiña, este é o meu correo cova2405@hotmail.com. Algún/ha xa mas está facendo chegar polas titoras e dame alegría vervos.

   Ata mañá! See you tomorrow!

   

Five Little Ducks



   Hello girls and Boys! Cómo vos foi nesta fin de semana especial na que por fin poidestes saír da casa? Pouquiño a pouco voltaremos á normalidade xa veredes. Estades a ser uns/has campións/as.

   Hoxe comezamos tamén outra semaniña "special" porque o domingo/Sunday é o Día da Nai. Temos que prepararlle una sorpresiña. As mamás merecen un montón de cousas boas porque sempre coidan de nós. Como "Mummy Duck" dos seus cinco parruliños algo trastes que se escapaban e se perdían. Nós sabemos que non podemos facer esas travesuras. Que non vos acordades da canción? Incrible! Veña vai que vola canto eu.


   Non vale rirse da "teacher". Bueno un pouquiño si, jjjj. Por si preferides una versión mais profesional, os de Super Simple songs nunca nos fallan. Veredes qué chula:


  Déixovos a letra por si a queren aprender os da familia tamén e cantala con vós. Recordade contar cara atrás!





 Monkey e eu construimos o noso propio "pond" con "duck" e todo. Collimos un plato de cartón/plástico, fixémoslle un pequeño corte no medio cun cutter ( para isto precisades axuda dun maior), recortamos papeliños de cor "blue" para facer de auga e puxémolos polo plato, fixemos o noso propio "duck" e puxémoslle un pao de xelado (se non tedes podedes usar unha palliña ou similar). Este foi o resultado final!



A idea copiámoslla a esta rapaza.



Por qué non vos animades a facelo? Ao voso estilo claro. Nós inspirámonos neste, pero seguro que vós debuxades mellor.



   Bueno rapaciños e rapaciñas una aperta moi moi grande. Temos un millón de gañas de vervos. Mañá voltamos con mais cousas chulas. See you tomorrow!





Hokey Cokey






   Good morning amiguiñ@s! Casi sin darnos conta temos ahí a fin de semana. Levamos una semaniña moi divertida celebrando o Día do Libro e espero teñades disfrutado con todos os contos que vos propuxemos as profes. 

   Pois coma "today is Friday" imos rematar a semana cun pouco de ritmo e espero que vos animedes toda a familia. Recordades que ben o pasábamos con esta canción no cole? Sobre todo ao final, jjj

   Velahí vai a versión dos astronautas.





    A nosa propia interpretación no cole era moito mais marchosa onde vai parar!!! Pero estes "kids" tampouco o fan nada mal. Recordade tentar manter o equilibrio cando subamos as "legs" e non accidentarse no tramo final,jjj





   Déixovos a letra por si a queren aprender mamá/ papá/ irmáns/...


   Podedes engadir as partes do corpo que vos apetezan.Nós no cole empezábamos por "hand", despois "leg" e logo "bottom" jjj por dicilo dun xeito elegante. Enjoy!!!!!!

   Recordade revisar todas as entradas do blogue, que esta semana contamos un conto moi chulo de Monkey e onte o voso favorito: Stick Man de Julia Donaldson.



   Have a nice weekend!!!!


Stick Man celebrating World Book Day!

  Hoxe  celebramos o Día do Libro "World Book Day" e pensando pensando qué conto sería o que mais vos gustaría no día de hoxe, decidimos que Stick Man de Julia Donaldson fora un dos vosos favoritos.



 Recordades a historia? Stick Man vivía no seu "family tree" coa súa muller e fill@s. Un día saiu facer "running" e empezaron os problemas.


   Pasou por situacións moi complicadas. Ninguén quería entender que non era un pao normal, el era Stick Man. Serviu de pao para xogar cun can, para que o lanzaran unhas nenas ao río, para construir un niño de cisnes, de bandeira nun castelo de área,...ata que cando pensaba que chegara o peor e ía ser queimado nunha chimenea, apareceu "Father Christmas" e con el puido regresar ao seu fogar. Iso si, despois de lle axudar repartir os regalos.


   Verdade que é preciosa a súa historia. Nós na casa fixemos o noso propio Stick Man con goma eva.



   Animádesvos? Tamén podedes xogar a ser ilustradores ou construir o voso Stick Man Suncatcher (atrapa sol).






   Por suposto que si tedes paíños de verdade quedará tamén moi chulo.




Have a happy Book Day!





Dreaming with books

   Ilustración de Eneko González Yagüe

  Good Morning girls and boys!!!Xa estamos na metade da semana. Today is Wednesday! e temos un montón de nubes no ceo. Está o día ideal para disfrutar dun bo libro, para coller un deses contos que tanto nos gustan e pasar cun bo sorriso cada unha das súas páxinas e imaxinarnos piratas, dragóns, aventureiros,...sin movernos do sofá. Como dicía a escritora Emily Dickinson: "Para levarnos a terras lonxanas, non hai mellor fragata que un bo libro".

   Queredes disfrutar vós dunha historia preciosa "in English"? Pois poñédevos cómod@s e non esquezades decir as palabras máxicas para estar moi atentos ao conto.

   One, two, three look at me
   one, two, three listen to me
   one, two, three shhhhhhhh.


   Xa estades ben sentadiños/as? Pois imos aló. A ver si vos gusta esta historia na que un mono percorre a selva para atopar á súa mamá. Unha bolboreta moi voluntariosa trata de axudarlle, pero non da unha coas pistas que lle da "monkey".




   Xa comprobastes que é moi importante describir moi ben a alguén para que nos axuden a búscalo. Pois aquí vai unha cancionciña que nos sirve para repasar conceptos a explicar cómo somos.


   Espero que disfrutárades do conto de hoxe e recordade que sempre hai un bo motivo para soñar cun libro. Happy Book Day children and families!!!

Our daily routines on Tuesday


   Hello chidren!!! How are you? Hoxe todos os vosos amiguiños quixeron axudarme para que vos riades un rato e non os perdades de vista,jjj. Qué vos parece si refrescamos outra das rutinas do cole? Imos cantar quen está e quen non na clase, pero neste caso cos nosos monkeys e Cookie. Vedes que ata Pinky Monkey está con nós! 


   
   Vós podedes facelo en familia dicindo :

   "Is Mummy here today?
   Is daddy here today?
   Is sister here today?
   Is brother here today?"

   Agora toca decir o día da semana e mailo tempo que vai, que creo que se nos está a esquecer estes días. Mirade cómo me axuda Monkey que é o mais traballadoriño de todos.



   No cole facíamolo cos amigos/as "friends" e cómo tiñamos que aguantar a risa cando chorabamos porque un compa non estaba. Seguro que estades a botar moito en falla aos vosos amig@s, pero veredes como moi prontiño xa estamos xuntos outra vez.

   Estáseme ocurrindo que tal vez vos apeteza debuxar aos vos@s mellores amig@s. Podedes facer cantos queirades e logo tamén que é o que mais vos gusta facer con eles e elas.



   Recordade que si non podedes imprimir as fichas sempre tedes a opción de debuxalos nun folio. Moitas veces temos por casa follas que podemos reutilizar, que nós coidamos moito do noso planeta.


   Recordade que o xoves é o día do libro, así que se estes días papá/mamá teñen un anaquiño de tempo podedes compartir as historias e contos que mais vos gusten. Eu linlles un conto aos monkeys onte pola noite e hoxe tocará outro. Quedaron durmidos nun plis plas.


   Bueno amiguiños e amiguiñas, unha aperta enorme "a big hug". Mañá seguimos contándonos mais cousas. Bye Bye, see you!


walking in the jungle


   Qué tal pasastes a finde girls and boys? Espero que disfrutando moito coa familia e aproveitando que non houbo que madrugar. 

   Esta semana que empezamos, celebraremos o día do libro e Monkey e Cheeky xa teñen elexido cal queren que lles conte eu hoxe pola noite para durmir.


   É una historia preciosa de Monkey que vai "to the Jungle" (á selva) buscar á súa mamá. Está escrito pola nosa autora favorita in "English" : Julia Donaldson.

   Pois xa que a cousa vai da selva/jungle imos darlle alegría a este luns/Monday con  esta canción que tanto nos mola, onde estes amiguiños/as fanse os valentes ata que escoitan o ruxido do "tiger". Mirade que tan so era un "baby tiger". Mentras cantamos e escenificamos, xogade a decir os nomes dos animaliños en inglés e practicade "walking, stomping, jumping and run".


   Aquí temos a Cheeky presentando as personaxes da canción. Como estamos na casa non temos moitos recursos, pero botámoslle imaxinación,jjj.


   Na "jungle" viven moitos animais que xa coñecemos en inglés porque sairon en contos ou cancións que vimos no cole. A ver de cántos deles vos lembrades, veña repasámolos con algo de marcha selvática.


   Seguro que acertastes todos :tiger, elephant, crocodile, monkey, giraffe and hippo. Pois qué vos parece facer un pouquiño de plástica/craft? Coma sempre tedes varias opcións, ou ben facer un debuxo da canción ou colorear algún dos que vos propoño aquí. 






    Tamén podedes facer as vosas carautas/masks e interpretar a canción en familia. Hai mil posibilidades. Mirade qué ideas mais chulas con platos de papel.


   Pero si preferides colorear e recortar con folios e "crayons" pois temos para todos os gustos.


  

 Mañá volvemos con mais novidades. Have a good time! See You!





Rain rain go away!



  

   Outro día mais nas nosas casas e cada vez nos vai quedando menos. Estou segura que esta situación nos está dando a oportunidade de disfrutar da familia e de facer cousas xuntos que antes non podíamos. Recordades no cole cando dicíamos sacando músculo que somos "very strong" e "very brave"? Pois claro que si, somos fortes e valentes. Ademais temos imaxinación como a familia da canción da choiva que tanto nos gustaba. Eles en vez de agobiarse porque chovía e non podían saír, matinaban cómo divertirse e ese é o espíritu que temos que ter nós. 

   Querédela ver? Recordade cantar moi forte "rain rain go away" para que marche a choiva, como faciamos no cole para poder saír ao patio. 



   Hoxe teño a Monkey de axudante para recordarvos a nosa adaptación desta canción para o noso C.R.A.






   Se o día segue así, non imos poder saír ao xardín ou ao balcón xogar un pouco, así que mentras esperamos que fagan efecto os poderes máxicos da nosa canción, qué tal se facemos alguna actividade plástica?

   Mirade qué ideas tan chulas


   Podemos debuxar o noso "umbrella" (paraugas) e logo con pintura de dedos facer as "rain drops" (pingas de choiva). Apetécevos?

   Ou tamén personalizar una "cloud" (nube) e colgar tantas "rain drops" coma as letras do voso name/nome.


   E tamén convertirvos en deseñadores e deseñadoras e decorar as vosas propias botas para a choiva, esas que nos mandan poñer papá/mamá cando imos xogar á herba mollada.

   Eu xa vexo ao sol que vai asomando!!! Somos incribles! Temos superpoderes. 

   E estes días que espero lle digades a papá ou mamá o tempo que vai en inglés,...podedes facer as vosas propias "weather sensory bottles" (botellas sensoriais do tempo) coas que atopedes axeitadas na casa e con axuda. Mirade no seguinte enlace qué chulada! 

https://pocketofpreschool.com/weather-sensory-bottles/
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...