Good morning children! Outra semaniña que xa casi casi vai aló. Víchedes que tarxeta prepararon Monkey e Cheeky para dicirlle á súa mamá canto a queren? Nós no cole xa temos practicado moito cómo poñer as mans en forma de "heart" (corazón) e dicir I love you!
Como as vosas mamás son todas moi modernas e marchosas, elexín esta canción para celebrar o seu día. Con ela podedes bailar toda a familia e pegarlle un repasiño ás partes do corpo. A ver si vos gusta. Di algo así: "I love you more tan I can say" (quérote mais do que podo expresar) "you mean the world to me" (eres o mundo para min). Happy Mother´s Day! Feliz Día da Nai!
Supoño que teredes mil ideas de agasallos para as vosas nais, pero por si queredes "English ideas" aquí tedes algunhas que buscamos os monkeys e mais eu.
Estas podédelas colorear e recortar e logo pegar nunha cartulina ou papel de agasallo recortados en forma de corazón. Se non tedes impresora non vos preocupedes porque podedes escribir vós I LOVE YOU! (quérote) e decorar as letras que sodes uns/has artistas. Pode quedar algo mais ou menos así.
Tamén podedes facer a forma das vosas "hands" recortalas e unilas cunha tira de papel de cor e escribir I LOVE YOU SO MUCH (quérote moitísimo). Podedes pedir axuda a "daddy" ou a un irmán/á maior.
Se buscades inspiración ou mais ideas, pinchade no seguinte enlace:
Durante toda esta semana adicamos as entradas do blogue de English á familia e en especial ás mamás, por ser o domingo o seu día. Non vos perdades os contos e as cancións como o de Where´s Spot? ou ou de Goldilocks (pinchade nos enlaces).
Ata a semana que ven! Disfrutade moito da finde en familia. See you!
No hay comentarios:
Publicar un comentario