Ilustración de Eneko González Yagüe
Good Morning girls and boys!!!Xa estamos na metade da semana. Today is Wednesday! e temos un montón de nubes no ceo. Está o día ideal para disfrutar dun bo libro, para coller un deses contos que tanto nos gustan e pasar cun bo sorriso cada unha das súas páxinas e imaxinarnos piratas, dragóns, aventureiros,...sin movernos do sofá. Como dicía a escritora Emily Dickinson: "Para levarnos a terras lonxanas, non hai mellor fragata que un bo libro".
Queredes disfrutar vós dunha historia preciosa "in English"? Pois poñédevos cómod@s e non esquezades decir as palabras máxicas para estar moi atentos ao conto.
One, two, three look at me
one, two, three listen to me
one, two, three shhhhhhhh.
Xa estades ben sentadiños/as? Pois imos aló. A ver si vos gusta esta historia na que un mono percorre a selva para atopar á súa mamá. Unha bolboreta moi voluntariosa trata de axudarlle, pero non da unha coas pistas que lle da "monkey".
Xa comprobastes que é moi importante describir moi ben a alguén para que nos axuden a búscalo. Pois aquí vai unha cancionciña que nos sirve para repasar conceptos a explicar cómo somos.
Espero que disfrutárades do conto de hoxe e recordade que sempre hai un bo motivo para soñar cun libro. Happy Book Day children and families!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario