Mi lista de blogs

Goldilocks and the three bears


   Hello amiguiñ@s! Pois xa estamos a Wednesday. Faltan catro días para o Día da nai e nós seguimos con historias que teñan como protagonista á familia. Coñecedes o conto de Goldilocks and the three bears? Igual sónavos mais en galego Riciños douro e os tres osiños. Pois "in English" a nena chámase Goldilocks. É un nome moi musical, non si? 

   Goldilocks vive coa súa nai nunha casiña a carón do bosque e encántalle coller frores e xogar no xardín. A súa mamá tenlle prohibido ir soa ao bosque. Un día Goldilocks desobece á súa "mummy" e acaba perdida, cansa e con fame. Atopa unha casa no medio do "forest/wood" e decide entrar. Queredes ver qué pasa? 

  
  Esta versión é preciosa! So que o debuxante non lle fixo o pelo moi rizado a Goldilocks, jjj

   O que aprendemos deste conto, que xa sabíamos é que temos que facer caso do que nos di a nosa mamá, porque ela sempre pensa o que é mellor para nós. Bueno e tamén a papá e aos avós e avoas.

   Este é un dos contos favoritos de Cheeky Monkey, pode ser porque Goldilocks é algo "naughty" traviesiña coma el. Víchedes que na casa tiñan cada cousa acorde co seu tamaño: "big" para daddy bear, "medium" para mummy bear e "little/small" para baby bear.

   Seguro que tedes ganas de facer un debuxo deste conto. Podédelo asinar coma os/as artistas que sodes e gardalo de agasallo para mummy. Este pódevos servir como inspiración.

   


      Hai mil cousas que podemos facer si vos apetece traballar un pouquiño. Un boneco articulado de Bear,

Unha "mask" de Baby Bear


Personaxes para o noso teatriño

 Colorear, recortar e pegar según tamaños
 Puppets para xogar

Pois como xa estaredes con ganas dun pouquiño de "music" imos recordar a canción de osiños/bears que se caían da cama e tanta graza nos facía no cole.



   Pois espero teñades disfrutado. Mañá voltarei con mais cousiñas chulas. A big kiss/un bico enorme! Ata mañá e sede boíños/as.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...