Mi lista de blogs

Waking up with Monkey and Cheeky!!!



   Monkey and Cheeky andan toliños por vervos e, como supoño que vós tamén os estaredes a botar en falla hoxe fixemos una sesión fotográfica para que os teñades un pouquiño mais preto.


   A que da subidón velos outra vez! Pois tentaremos mandarvos mais vídeos pese á vergonza da "teacher" para que disfrutedes tamén de nós desde as casas. Sei o difícil que é para as familias compaxinar o teletraballo/confinamento/falta de medios/ ánimos... así que vou tentar colgar actividades motivadoras para que cantedes, bailedes e disfrutedes cos vos@s fillos que nestes momentos é o mais importante. 

   Atopei esta canción supermarchosa de Monkeys para que toda a familia baile e faga "a mona"jjj.



   Se despois do bailoteo precisades un rato de calma, déixovos opción para colorear. Non vos preocupedes se non se poden imprimir. @s cativos/as poden tentar copialas ou facer a súa versión inspirándose nos debuxos. Tamén tedes a opción de tentar facer una "Monkey mask".




   Bueno e agora chegou o momento de perder a vergoña e bailar a ritmo de zumba a canción do momento jjjj. Leva o nome dos nosos Monkeys e eles non paran de ma pedir. A ver eses corpos rumbeiros.



   Podedes poñela cantas veces queirades e veredes como saídes "fit and happy" desta. Moito moito ánimo!

6 comentarios:

  1. Ola Monkeys!!!Vemos que estades moi contentos. Nós temos tamén moitas ganas de veros. Un bico grande!

    ResponderEliminar
  2. Bieito and Eva, we miss you! Encantáronnos os bicos que nos mandáchedes e ver que tamén ledes contos en inglés. A ver cando pasa o confinamento e organizamos una pixamada, jjj.Biquiños

    ResponderEliminar
  3. Iba sendo moita hora de coñecer a Monkey e chikimonkey!! ;) pola vosa tarefa, a de sempre e estes dias!!! Alegrome moito de que estes ben!! e que vivan as tortillas de pataca con xamoooooooooooooooooon!!! Bicos a moreas

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Moitísimas grazas familia. Grazas a vós por saber valorarnos e poñer tanta ilusión. A que son ben riquiños os Monkeys? A ver se organizo una pixamada para cando acabe todo isto ou algo así,jjj. Vivan as familias que saben a tortilla de paracas con xamón!!!Un feixe de apertas

      Eliminar
    2. Agora quero coñecer a un tal stick man!!! faloume del Telmo fai un anaco!! ;)

      Eliminar
    3. Pois estás de sorte porque estou preparando alguna cousiña con ese conto tan maravilloso para un destes días. Bkñs

      Eliminar

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...