Good morning nenos e nenas do C.R.A.! Cómo vos foi na Pascua/Easter? Monkey e Cheeky puxéronse finos con tanto "chocolate egg" que comeron. Fixémolos na casa e estaban para chuparse os dedos.
Pois xa estamos de volta e queda cada vez menos. Como seguro que ainda andades medio "sleepy", pareceume boa idea regresar cunha canción que vos encanta, ainda que sufrades un pouco polo pobriño do "elephant".
Qué vos parece se debuxades e coloreades aos animaliños que saen na canción? Logo podedes xogar a colocalos subindo "up" e baixando "down" este reloxo que vos propoño para colorear e recortar. Podedes elexir o que mais vos guste.
Igual xa temos os "numbers" un pouquiño esquecidos. Non pasa nada, imos darlle caña coa nosa Walrus marchosilla.
Recordade que despois do "ten" van "eleven" e "twelve".
E por si ainda quedastes con ganas de seguir xogando e coloreando, aquí tedes tamén un "elephant" que podedes copiar, imprimir ou pedirlle a un irmán que volo debuxe e vós colreádelo.
Pois xa mais nada por hoxe. Seguide a portarvos "very good" e a disfrutar de papá/mamá/… e de facer cousas en familia. Biquiños!!!
Mamaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaa, ese que al final sale el elefante!!! pois veña!! e aqui estamos mentras está a comida na pota!! Grazas por estes ratiños.
ResponderEliminarTELMO. esto escribiuno el. Dende que estamos co ordenador xa controla mais que antes. Mandache un bico grande
i
Telmo "a big Kiss for you!" un bico enorme para ti de Monkey de Cheeky e de meu. Estanse a portar mellor que nunca.
EliminarCatu moitas grazas por escribirme e facerme sentir o voso cariño. Tamén así vexo qué cousiñas vos gustan mais e sinto que non é tan frío todo e que seguides a estar con nós. Unha aperta grande