Mi lista de blogs

Rain rain go away!



  

   Outro día mais nas nosas casas e cada vez nos vai quedando menos. Estou segura que esta situación nos está dando a oportunidade de disfrutar da familia e de facer cousas xuntos que antes non podíamos. Recordades no cole cando dicíamos sacando músculo que somos "very strong" e "very brave"? Pois claro que si, somos fortes e valentes. Ademais temos imaxinación como a familia da canción da choiva que tanto nos gustaba. Eles en vez de agobiarse porque chovía e non podían saír, matinaban cómo divertirse e ese é o espíritu que temos que ter nós. 

   Querédela ver? Recordade cantar moi forte "rain rain go away" para que marche a choiva, como faciamos no cole para poder saír ao patio. 



   Hoxe teño a Monkey de axudante para recordarvos a nosa adaptación desta canción para o noso C.R.A.






   Se o día segue así, non imos poder saír ao xardín ou ao balcón xogar un pouco, así que mentras esperamos que fagan efecto os poderes máxicos da nosa canción, qué tal se facemos alguna actividade plástica?

   Mirade qué ideas tan chulas


   Podemos debuxar o noso "umbrella" (paraugas) e logo con pintura de dedos facer as "rain drops" (pingas de choiva). Apetécevos?

   Ou tamén personalizar una "cloud" (nube) e colgar tantas "rain drops" coma as letras do voso name/nome.


   E tamén convertirvos en deseñadores e deseñadoras e decorar as vosas propias botas para a choiva, esas que nos mandan poñer papá/mamá cando imos xogar á herba mollada.

   Eu xa vexo ao sol que vai asomando!!! Somos incribles! Temos superpoderes. 

   E estes días que espero lle digades a papá ou mamá o tempo que vai en inglés,...podedes facer as vosas propias "weather sensory bottles" (botellas sensoriais do tempo) coas que atopedes axeitadas na casa e con axuda. Mirade no seguinte enlace qué chulada! 

https://pocketofpreschool.com/weather-sensory-bottles/

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...