Mi lista de blogs

Think happy, be happy!!!



   Estar e sentirnos felices depende de nós. Xa sei que van pasando os días e tedes ganas de ver aos amigos e amigas, de abrazar aos avós e de achucharnos ás/o profes. Non vos preocupedes que cada vez falta menos. Falando dos días que faltan,...digo eu una cousiña, estaredes cantando na casa a nosa superexitosa canción dos días da semana non si?



   

   Está claro que o meu non é o mundo da canción, ata Monkey rise de min, jjjjj. Recordade que os/as inglesas empezan a semana polo domingo que é o día do sol.
   A nosa versión é "amazing", pero buscando buscando atopei a esta morsa (walrus) tan marchosa que non o fai nada mal. Queredes bailar con ela?


  
   Isto si que nos puxo as pilas, jjjjj. Non vos cortedes e facede bailar a toda a familia, que con tanto tempo na casa, senta ben algo de marchuki bailona.

   Casi se me olvidaba, todos os meus amigos están aquí sentadiños e formaliños e quérenvos saudar. Velahí os tedes.



     Decídelles "hello!". Pregúntanme que cómo vos sentides hoxe, e eu xa lles digo que seguro que "happy". Veña que somos moi cantaríns e teatreiros e esta canción de "feelings" non nos cansa nunca. 




   Bueno mociños e mociñas (@s "meus" girls and boys) por se ainda tedes pilas cargadas podedes facer algo de plástica. Debuxar os vosos propios carteliños cos días da semana para a habitación e poñerlles caras de "happy" ou "sleepy" cada día. Aquí tedes modelos e ideas.




   Non hai por qué facer todo no mesmo día eh, jjjj. Eu dou ideas como facer un "memory" e xogar a facer parellas de "feelings" coas tarxetas cara abaixo.


   Espero vos gusten estas actividades. Desde a nosa casa Monkey, Cheeky Monkey, Cookie, Baby Monkey e eu intentamos facervos pasar un rato agradable. Temos moitas entradas chulas estes días e como en nada estaredes de vacacións de Easter pois disfrutade cos contos, cancións e pelis que vos poñemos. 

   A big hug!!!! We love you!

2 comentarios:

  1. Encantadas con todo lo que hacéis!!!
    Aroa.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Jo, mil gracias Aroa. No sabes lo que anima tu comentario. Os echo muchíiiiiiisimo de menos. Un besazo mío y otro de los Monkeys.

      Eliminar

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...