Mi lista de blogs

Where´s Spot?

  
 Good morning children! Seguimos nesta semaniña adicada á familia e en especial ás nosas mamás. Xa tedes pensado con qué as ides sorprender "on Sunday"? A miña ainda garda os debuxos que lle facía eu no cole. Mirade que mimosiña era eu cando tiña cinco anos, jjjj e cómo coidaba de min a miña mamá.



   Quen tamén coida do seu filliño é Sally unha cadeliña moi xeitosa cunha cría á que non lle gusta moito cear. O seu filliño chámase Spot, que significa manchiña e sempre se esconde o moi xoguetón cando é a hora da cea "dinner time". Vós non faredes esas travesuras verdade? Temos que alimentarnos para medrar fortes e sans.

   Vouvos contar este conto tan especial e veredes cantos animaliños aparecen nel. Tentade decilos vós "in English".






   Sodes capaces de recordalos en orden? Está ben, farémolo entre tod@s.




   Ocurríuseme que podiades facer ao "crocodile" agochado debaixo da cama/bed. Mirade nas vosas non vaia ser que non pasaredes a roomba/konga/aspiradora e apareza algún, jjjj. Non, que é una bromiña das miñas.



   Tedes que colorear, recortar e pegar. Se non a podedes imprimir non vos preocupedes, podedes debuxar a vosa cama, recortala e poñerlle un cocodrilo debaixo. Ou facer a vosa propia versión da historia como os animaliños para o teatriño que vos propuxen o outro día.

   Polo que me contades no cole, tod@s ou casi tod@s tedes mascotas/pets na casa. A ver si saen nesta canción!


   Será algunha destas a/as vosas? 


   Espero que vos gusten o conto e a canción e disfrutedes con todas as actividades. Se me queredes mandar algunha foto dos vosos traballos ou comentarme algunha cousiña, este é o meu correo cova2405@hotmail.com. Algún/ha xa mas está facendo chegar polas titoras e dame alegría vervos.

   Ata mañá! See you tomorrow!

   

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...