Mi lista de blogs

Five Little Ducks



   Hello girls and Boys! Cómo vos foi nesta fin de semana especial na que por fin poidestes saír da casa? Pouquiño a pouco voltaremos á normalidade xa veredes. Estades a ser uns/has campións/as.

   Hoxe comezamos tamén outra semaniña "special" porque o domingo/Sunday é o Día da Nai. Temos que prepararlle una sorpresiña. As mamás merecen un montón de cousas boas porque sempre coidan de nós. Como "Mummy Duck" dos seus cinco parruliños algo trastes que se escapaban e se perdían. Nós sabemos que non podemos facer esas travesuras. Que non vos acordades da canción? Incrible! Veña vai que vola canto eu.


   Non vale rirse da "teacher". Bueno un pouquiño si, jjjj. Por si preferides una versión mais profesional, os de Super Simple songs nunca nos fallan. Veredes qué chula:


  Déixovos a letra por si a queren aprender os da familia tamén e cantala con vós. Recordade contar cara atrás!





 Monkey e eu construimos o noso propio "pond" con "duck" e todo. Collimos un plato de cartón/plástico, fixémoslle un pequeño corte no medio cun cutter ( para isto precisades axuda dun maior), recortamos papeliños de cor "blue" para facer de auga e puxémolos polo plato, fixemos o noso propio "duck" e puxémoslle un pao de xelado (se non tedes podedes usar unha palliña ou similar). Este foi o resultado final!



A idea copiámoslla a esta rapaza.



Por qué non vos animades a facelo? Ao voso estilo claro. Nós inspirámonos neste, pero seguro que vós debuxades mellor.



   Bueno rapaciños e rapaciñas una aperta moi moi grande. Temos un millón de gañas de vervos. Mañá voltamos con mais cousas chulas. See you tomorrow!





No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...