Hoxe celebramos o Día do Libro "World Book Day" e pensando pensando qué conto sería o que mais vos gustaría no día de hoxe, decidimos que Stick Man de Julia Donaldson fora un dos vosos favoritos.
Recordades a historia? Stick Man vivía no seu "family tree" coa súa muller e fill@s. Un día saiu facer "running" e empezaron os problemas.
Pasou por situacións moi complicadas. Ninguén quería entender que non era un pao normal, el era Stick Man. Serviu de pao para xogar cun can, para que o lanzaran unhas nenas ao río, para construir un niño de cisnes, de bandeira nun castelo de área,...ata que cando pensaba que chegara o peor e ía ser queimado nunha chimenea, apareceu "Father Christmas" e con el puido regresar ao seu fogar. Iso si, despois de lle axudar repartir os regalos.
Verdade que é preciosa a súa historia. Nós na casa fixemos o noso propio Stick Man con goma eva.
Animádesvos? Tamén podedes xogar a ser ilustradores ou construir o voso Stick Man Suncatcher (atrapa sol).
Por suposto que si tedes paíños de verdade quedará tamén moi chulo.
Have a happy Book Day!
Xenial esta entrada! Aos Silvosiños encántalles Stick Man!! Kisses!!
ResponderEliminarMoi bos ratos temos pasado no cole Silvosiñ@s con este conto. Sabía que vos ía gustar. Disfrutade moito e pensade que cada vez queda menos para que esteamos xunt@s. A big hug!!!
ResponderEliminarGRACIAAAS. TELMO
ResponderEliminarEsto de ariba foi cousa de Telmo. Grazas por amosarme a Stick man!! encantoume :)
Un placer levar un pouquiño de fantasía ás vosas casas. Bikiño Telmo. Boto en falla ao galo de Barcelos
Eliminar