Qué tal pasastes a finde girls and boys? Espero que disfrutando moito coa familia e aproveitando que non houbo que madrugar.
Esta semana que empezamos, celebraremos o día do libro e Monkey e Cheeky xa teñen elexido cal queren que lles conte eu hoxe pola noite para durmir.
É una historia preciosa de Monkey que vai "to the Jungle" (á selva) buscar á súa mamá. Está escrito pola nosa autora favorita in "English" : Julia Donaldson.
Pois xa que a cousa vai da selva/jungle imos darlle alegría a este luns/Monday con esta canción que tanto nos mola, onde estes amiguiños/as fanse os valentes ata que escoitan o ruxido do "tiger". Mirade que tan so era un "baby tiger". Mentras cantamos e escenificamos, xogade a decir os nomes dos animaliños en inglés e practicade "walking, stomping, jumping and run".
Aquí temos a Cheeky presentando as personaxes da canción. Como estamos na casa non temos moitos recursos, pero botámoslle imaxinación,jjj.
Na "jungle" viven moitos animais que xa coñecemos en inglés porque sairon en contos ou cancións que vimos no cole. A ver de cántos deles vos lembrades, veña repasámolos con algo de marcha selvática.
Seguro que acertastes todos :tiger, elephant, crocodile, monkey, giraffe and hippo. Pois qué vos parece facer un pouquiño de plástica/craft? Coma sempre tedes varias opcións, ou ben facer un debuxo da canción ou colorear algún dos que vos propoño aquí.
Tamén podedes facer as vosas carautas/masks e interpretar a canción en familia. Hai mil posibilidades. Mirade qué ideas mais chulas con platos de papel.
Pero si preferides colorear e recortar con folios e "crayons" pois temos para todos os gustos.
Mañá volvemos con mais novidades. Have a good time! See You!
No hay comentarios:
Publicar un comentario