Hello chidren!!! How are you? Hoxe todos os vosos amiguiños quixeron axudarme para que vos riades un rato e non os perdades de vista,jjj. Qué vos parece si refrescamos outra das rutinas do cole? Imos cantar quen está e quen non na clase, pero neste caso cos nosos monkeys e Cookie. Vedes que ata Pinky Monkey está con nós!
Vós podedes facelo en familia dicindo :
"Is Mummy here today?
Is daddy here today?
Is sister here today?
Is brother here today?"
Agora toca decir o día da semana e mailo tempo que vai, que creo que se nos está a esquecer estes días. Mirade cómo me axuda Monkey que é o mais traballadoriño de todos.
No cole facíamolo cos amigos/as "friends" e cómo tiñamos que aguantar a risa cando chorabamos porque un compa non estaba. Seguro que estades a botar moito en falla aos vosos amig@s, pero veredes como moi prontiño xa estamos xuntos outra vez.
Estáseme ocurrindo que tal vez vos apeteza debuxar aos vos@s mellores amig@s. Podedes facer cantos queirades e logo tamén que é o que mais vos gusta facer con eles e elas.
Recordade que si non podedes imprimir as fichas sempre tedes a opción de debuxalos nun folio. Moitas veces temos por casa follas que podemos reutilizar, que nós coidamos moito do noso planeta.
Recordade que o xoves é o día do libro, así que se estes días papá/mamá teñen un anaquiño de tempo podedes compartir as historias e contos que mais vos gusten. Eu linlles un conto aos monkeys onte pola noite e hoxe tocará outro. Quedaron durmidos nun plis plas.
Bueno amiguiños e amiguiñas, unha aperta enorme "a big hug". Mañá seguimos contándonos mais cousas. Bye Bye, see you!
No hay comentarios:
Publicar un comentario