Mi lista de blogs

Merry Christmas!


Os últimos días de escola do 2013 andivemos moi atarefados preparando as portadas das nosas carpetas de "English Work". Nelas recollemos fichas sobor das cancións e traballo da aula e unha carta para as familias na que vos explicamos canto fixemos.




E este é o resultado final. Estamos moi orgullosos/as.



E que mellor xeito de felicitarvos as festas que con esta panxoliña interpretada polos nenos/as de Silvoso.



Merry Christmas a todos/as!!!!!!


Getting ready for Christmas




Christmas xa está ahí e levamos xa uns días preparándonos con ilusión para recibilo. Como o frío chegou sin avisar o ambientiño de Nadal era máis palpable. O noso cambio na vestimenta serviunos para practicar o nome dalgunhas prendas en inglés: hat, scarf, gloves e coat e expresións como "It´s cold". Vede como ata Cheeky quere probar a sensación de sentirse quentiño.


Os maiores de cada escola, recordáronlles aos máis pequenos as súas panxoliñas favoritas "in English" e estas resultaron ser Twinkle Twinkle Little Star e Jingle Bells. Podedes poñerllas cantas veces queirades. Non se cansarán de as escoitar.






E como non, a nosa amiga Peppa Pig axudounos a coñecer algúns dos elementos máis salientables do Nadal en inglés: Father Christmas, Christmas Tree, letter, present,...É unha moi boa maneira de practicar a comprensión oral noutra lingua e este capítulo fascínalles.



Os nenos e as nenas da escola de Lubre puxeron unha árbore "amazing" a que lle cantamos esta panxoliña tan apropiada: O Christmas Tree ( oh árbore de Nadal). Non nos sae nada mal, polo menos poñémoslle ganas. Graciñas a Alba por nos gravar, un bico!



Temos máis traballo e sorpresiñas para que disfrutedes de Christmas. Estade atentos/as!
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...