Christmas xa está ahí e levamos xa uns días preparándonos con ilusión para recibilo. Como o frío chegou sin avisar o ambientiño de Nadal era máis palpable. O noso cambio na vestimenta serviunos para practicar o nome dalgunhas prendas en inglés: hat, scarf, gloves e coat e expresións como "It´s cold". Vede como ata Cheeky quere probar a sensación de sentirse quentiño.
Os maiores de cada escola, recordáronlles aos máis pequenos as súas panxoliñas favoritas "in English" e estas resultaron ser Twinkle Twinkle Little Star e Jingle Bells. Podedes poñerllas cantas veces queirades. Non se cansarán de as escoitar.
E como non, a nosa amiga Peppa Pig axudounos a coñecer algúns dos elementos máis salientables do Nadal en inglés: Father Christmas, Christmas Tree, letter, present,...É unha moi boa maneira de practicar a comprensión oral noutra lingua e este capítulo fascínalles.
Os nenos e as nenas da escola de Lubre puxeron unha árbore "amazing" a que lle cantamos esta panxoliña tan apropiada: O Christmas Tree ( oh árbore de Nadal). Non nos sae nada mal, polo menos poñémoslle ganas. Graciñas a Alba por nos gravar, un bico!
Temos máis traballo e sorpresiñas para que disfrutedes de Christmas. Estade atentos/as!
Polo que vexo fixestes unha chea de actividades estupendas para festexar a chegada do nadal. Noraboa á teacher e mailos peques de Lubre por cantarlle tan ben á árbore de nadal. ¡¡Unha aperta!!
ResponderEliminarGraciñas Dolores, encántanos Christmas e os nenos e nenas e Lubre son uns grandes cantaríns e poñen moito entusiasmo. Felices festas!
ResponderEliminar