Good morning children! Today is friday e con el chega a fin de semana. Gustouvos o conto de Norman? Qué contentiño ía co donut ao lombo para pasar por un "snail" jjjj Menuda ocurrencia! Realmente tiña unha pinta deliciosa, pero sabemos que os donuts non son nada "healthy" saudables. Vós seguro que vos alimentades moi ben para medrar fortes e sans. Recordades a canción que tanto nos gustaba no cole de Do you like broccoli? Pois hoxe vouvos presentar outra versión a ver qué vos parece. Non esquezades dicir "Yes, I do" se vos gusta a comida e "No, I don,t" se é que non.
"In English" chamámoslle "healthy food" á comida sana e "Junk food" á comida basura. Para ter unha dieta equilibrada temos que comer moita froita, verduras, peixe,...e non abusar das chuches.
Hoxe imos ser cociñeiros/as e preparar as nosas propias brochetas con "fruit" que vos parece?
Víchedes qué sinxelo. Pois poñédevos mans á obra e non esquezades lavar as mans.
Bueno amiguiños/as os venres non toca traballar moito, pero recordade visitar as entradas anteriores durante a finde. Pasádeo moi ben e sede boíños e boíñas. Despídome cunha canción moi relaxante dun "lemon tree" limoeiro, coma o que temos na escola de Vixoi. Ata luns! See you on Monday!
No hay comentarios:
Publicar un comentario