Mi lista de blogs

Playing at the beach




   It´s sunny again! Outro precioso día de sol! Estou segura que moit@s de vós xa sacastes as piscinas ou poidestes disfrutar dun ratiño na praia/beach. Monkey xa anda todo nervoso e emocionado con facer "sand castles" (castelos de área), moito lle gusta. Se se porta ben e non me lía ningunha, vouno levar "on Saturday". Mirade que "happy" estaba o verán pasado. Non lle faltaba detalle, jjjj.



   Na praia podemos xogar a un montón de cousas e incluso gastarlle algunha bromiña a "mummy" ou "daddy" se quedan algo "sleepy" ao sol. Nunca xogastes a enterrarvos na praia/beach? Pois mirade qué travesura fixo Spot cando foi co seu papá e a súa mamá.



   Imos preparar os nosos bañadores!!! Podedes colorear, recortar, pegar nun folio e debuxarvos vós con ese "lovely swimming suit/trunks"




   Pois collede gorra, toalla e "sun cream" que imos ir coa familia amiga de CoComelon disfrutar dunha xornada na praia.


   E xa toca facer o noso propio "sand castle". Qué vos parece esta idea? Tan so tedes que debuxar o voso propio castelo de area, botarlle "glue" (pegamento) polas liñas do debuxo e logo esparcir a area.







   Para os que sodes menos lanzados ao de debuxar...


   Xa logo chega a fin de semana e papá e mamá estarán mais libres para xogar con vós. Sede moi boíños e xa me contaredes. Enjoy the sun! pero con sentidiño.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...