Mi lista de blogs

The Tooth Fairy

  


   Hello girls and boys! Xa almorzastes? Espero que seguírades os consellos que vos din onte e fora un "healthy breakfast". Pois agora toca lavar os dentes. Os monstros bracilongos vanvos dar uns conselliños para facelo "properly" correctamente. Tende preparado o "tooth brush" e a "tooth paste".




   Da gusto notar a boca fresquiña! É moi importante coidar a nosa hixiene bucal para non ter caries. Para iso debemos cepillar os dentes tres veces ao día, despois de cada comida: "breakfast, lunch and dinner". 

   Aquí en España cando se nos cae un dente ven o noso amigo o Ratiño Pérez. El repártese o traballo cunha amiga " The tooth Fairy" A fada dos dentes, que é a que se encarga de ir ás casas dos nenos e nenas ingleses/as.

   Recordades cando se lle caeu un dente a Peppa e " The Tooth Fairy"  foina visitar? A moi chulita de Peppa dixo que ía esperar toda a noite desperta, pero non puido co sono, jjjjj.




   Cómo vos imaxinades á Tooth Fairy? Eu creo que ten as e un bote onde garda todos os dentes. Algo así. Animádesvos a coloreala?

   

   Mirade qué lenda mais fermosa se conta de Tooth Fairy, di así : cada neno e nena que lle deixa un dente limpiño e sen caries debaixo da almofada, The Tooth Fairy lévao ao seu fogar e dalí vai ao ceo e convírtese nunha estrela que brila cada noite para nós. A cambio deixa una moneda.Por iso é moi importante que coidedes da vosa dentadura, cepillándoa e non abusando das chuches.

   Deixovos ata mañá disfrutando desta historia tan bonita. Pola noite mirade ao ceo e pensade que algún deses puntiños que brilan, son os dentes dun neno ou unha nena que os coidou e limpou cada día.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...