Good morning girls and boys! Qué vos pareceu o paseíño que nos demos onte coa nosa imaxinación nun bus londinense de dous pisos? It was fun! Divertido, estou segura. Pois como xa collemos bici e bus, hoxe imos vivir unha experiencia nova para moit@s: montar en tren. Igual xa sodes viaxeiros e viaxeiras experimentados e fostes coa vosa familia ao mellor a Santiago desde Coruña. Mola a que si?
Os trenes modernizáronse moito. Antiguamente a máquina era de vapor, coma a do avó de Peppa. Moi gracioso e boíño é este home. Oféndese todo cando lle din que o seu é un "toy train" tren de xoguete, pero é que realmente...
Bueno non vos conto mais. Imos disfrutar deste capítulo. Non vos esquezades de imitar á familia de Peppa na presentación como faciamos no cole.
Pois agora vós ides ser os/as maquinistas do "train", podedes facer a vosa propia gorra de maquinista. Coma a de Thomas, ou reutilizar unha que teñades por casa e darlle un aire profesional.
Poñemos en marcha motores e cantamos con Peppa. A letra é moi coñecida.
Facemos a nosa máquina de "train"? Tedes dúas opcións. A primeira é mais sinxela. Trátase de colorear, recortar e pegar nun brick pequeño ou rolo de papel a parte de diante e a de atrás. A outra é un pelín mais complicada e igual precisades axuda. Debuxádevos vós de maquinistas.
Tamén existen "trains" nas grandes cidades que van por debaixo da terra "underground" e a tramos polo exterior. Se algunha vez fostes a Madrid, Barcelona, Bilbao, París,...igual viaxastes nun así.
Son moi rápidos, e moitos maiores os utilizan para ir traballar. En España chamámoslle metro, pero os/as ingleses/as chámanlle "tube".
Moito nos gusta aos Monkeys e a min viaxar en tren! Fixádevos ben de subir no vagón correspondente. están numerados.
Amiguiños e amiguiñas, o mundo dos "trains" é fascinante e poderíamos botar horas falando, pero imos deixar un pouquiño para outro día. A big hug children! Ata mañá!
No hay comentarios:
Publicar un comentario