Good Morning children! Qué tal vos foi na vosa visita á granxa de MacDonald? Gustouvos o libro de Spot no tractor? De seguro que si, qué lindas todas esas crías. Hoxe pensando, pensando que vos podía apetecer, recordei esta canción coa que tanto nos divertiamos no cole: Rock, Scissors, Paper (pedra, papel, tesoiras). Querédela ver? Velahí vai.
Podedes xogar con papá/mamá/irmáns e se están todos ocupados/as, probade a facer sombras coas mans a ver que animaliño vos sae. Precisades un foco de luz e algo de escuridade.
Recordade preguntar en inglés "What is it?" a ver se volo adiviñan como no vídeo da canción.
E contestamos "It´s a.."
Butterfly
Snail
Crab
Lion
Tamén podemos xogar a contar os nosos "fingers" e sumar cos monstruos bracilongos. Veredes que doado é.
Somos grandes matemátic@s a que si? Pois imos practicar un pouquiño mais. Colorea as "hands" e o número de dedos en total. Se non podes imprimir a ficha, non pasa nada, xoga na pantalla a sumar e a dicir o número. Esta ficha é para maiores.
Para os "menos maiores" propóñovos esta:
Como sodes uns/has supercampions merecedes este Diploma de gañadores/as do xogo de Rock Scissors Paper. Escribide o voso "name" e a data e a colorear e presumir do título.
Xa vai a metade da semana aló rapciños/as. Mañá voltaremos con mais diversión. A big hug! Unha aperta enorme!
No hay comentarios:
Publicar un comentario