Mi lista de blogs

George´s racing car



   Good morning children! Another sunny day! Levamos toda a semaniña viaxando dun lado a outro,jjjj Collemos as nosas "bikes", fomos maquinistas dun tren de vapor,...Hoxe imos disfrutar da velocidade dos coches de carreiras "racing cars" con George e Peppa.

   Xa o decimos sempre no cole, non precisamos comprar e comprar; coa nosa imaxinación, cousas vellas da casa e algo de maña podemos disfrutar do lindo. Mirade que "Racing car" lle construiu grandpa pig a George.



   Queredes facer vós un con rolos de papel hixiénico? Pois seguide estas intruccións pinchando no enlace.




    Imos facer un percorrido virtual cos nosos vehículos. Recordade cambiar a velocidade "fast" e "slow" como faciamos no cole coa canción de "Head and shoulders".






   Sempre é mais seguro conducir non moi rápido, ainda que coa "bike" ás veces mola darlle "fast" costa abaixo, jjjj

   Ter cousas implica tamén unha responsabilidade. Os xoguetes temos que recollelos nós, ás mascotas hainas que coidar, e se temos bici, moto ou coche témolo que lavar, como as nosas mans.





   Podemos axudar tamén a mamá e a papá, que lavar o coche pode ser moi divertido en equipo. 

   Bueno ruliñ@s isto é todo por hoxe. Recordade que cada día hai unha entrada nova e podedes visitar as anteriores e xogar cos memories unha e outra vez, que nos axudan a aprender dun xeito divertido. Ata mañá! See you children!


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...