Mi lista de blogs

Sharks







   Hello children! Today is friday and cloudy. Levamos toda a semana con cousiñas do mar, e tanto nos metimos Monkey e eu nese mundo que ata nos animamos a pescar. Mirade a que montamos no sofá da sala. Animádesvos? Pedide permiso aos maiores da casa.





   Unha cousa levou a outra e ata gravamos a canción do neno/a que ía pescar e lle trababa o "fish"



   Fixestes a vosa "fishing rod" coas ideas que vos din onte? Non fai falla moito material e é ben divertido. Se tedes imáns pequenos dos que se pegan o xogo é moito mellor, pero xa vedes que se pode apañar cun clip ou co que teñades. 

   E non podíamos adicar estes días á vida no mar, sen falar dun animal que vos atrae e da algo de respeto a partes iguais. Si, si, é o "shark". Recordades que susto se levaba "Snail" cando viaxaba polas profundidades mariñas sobre a "whale" e lle amenazaban os tiburóns "sharks"? Non nos cansamos de velo, a que non?




   Pois igual agora querédeslle dar un meneíño ao corpo coa canción de "sharks" mais famosa no mundo mundial. Hai moitas versións, pero no cole esta era unha das que mais vos facía mover o esqueleto.




   E que tal xogar un pouquiño a ser un "hungry shark" /tiburón con fame ?



   Como hoxe é venres non imos facer ninguna ficha nin manualidade, pero si queredes estar entretid@s a finde...déixovos algunas ideas. Pinchade nos enlaces para ver as instruccións, ainda que si buscades "shark craft" atoparedes un milleiro de manualidades para elexir.





   Pois xa me despido de vós por hoxe. Que saibades que vos boto moito en falla. Un biquiño moi grande e a disfrutar da finde. Have a nice weekend!

2 comentarios:

  1. Ola profe Cova e Monkeys! O meu Monkey ten moitas ganas de xogar cos seus amigos! Cómo podemos facer para que se vexan?? Kisses!!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Temos que idear algo virtual. A ver qué se me ocurre esta finde. Kisses and a big virtual hug!

      Eliminar

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...