Mi lista de blogs

Traveling to the Moon







   Hello children! Here we are on a cloudy friday! Creo que está un día ideal para vivir unha aventura interestelar. Viaxamos en cohete? Non sei se recordades a Wallace e Gromit, duás personaxes moi divertidas feitas con plastilina. Wallace adora o queixo "cheese" e cando se lle acaba na casa, non se lle ocurre mellor cousa que construir un cohete "rocket" para viaxar á lúa "moon" que pensa está feita de queixo. 
   A peli é moi divertida e dura uns 23 minutos. Eu non a colgo enteira no blogue por motivos de dereitos de autor, pero podédela ver escribindo no navegador Wallace and Gromit grand day out.
   Non teñades medo a poñerlla en inglés por aquelo de que non entendan cada palabra. Eu considero moi importante que os nenos e nenas se habitúen co apoio da imaxe a escoitar historias en inglés. Paréceme que pelis curtas ben seleccionadas axudan á aprendizaxe do idioma dun xeito natural (cunha pequena explicación previa).

   Aquí tedes o tráiler da historia.




   E a continuación o fragmento onde constrúen o cohete para viaxar á lúa no garaxe da súa casa. É superdivertido!



   Cando despega un "rocket" é fundamental a conta atrás. Nós na escola, hai uns anos construimos un "rocket" con dous vasos de plástico, unhas gomas e un cohete coloreado e recortado por nós. Contamos cara atrás e...


   E se imos ser os tripulantes vestir a roupa adecuada é fundamental, por aquilo da gravidade e de poder respirar. Mirade a Cheeky, qué preparadiño está para viaxar á lúa!



   Ready to blast off! Lista para o despegue! Hai moitas posibilidades de facer o noso propio cohete "rocket" ou nave espacial "spaceship". Aquí tedes una delas.




   Sei que vos estades aficionando a isto das manualidades, jjjj Déixovos un modelo de cohete para colorear e montar como vós queirades. Podedes facer a vosa cara asomando.


    E mirade cánta emoción polo despegue. Igual algún/ha recoñece a un irmán/á por ahí,jjjj Eu doume conta de dous.






   Un biquiño moi forte rapaciños/as. Pasade boa finde e portádevos ben con papá e mamá. Todos/as as profes temos ganas de vervos. 

   Have a nice weekend!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...