Mi lista de blogs

Slippery fish






   Hello girls and boys! Espero que tivérades moito éxito cos vosos agasallos do día da nai. Seguro que si, porque ás mamás encántanlles as cousas feitas por vós con ilusión e cariño.

   Hoxe pareceume boa idea empezar a semana e  mais o mes de maio cunha canción que me pedides moito no cole: Slippery fish. Moita graza vos fai ese final da "whale" eruptando jjjj. 


   Pois mirade que fondo mariño montei no sofá da miña casa para cantarvos a canción! 



   Recordade as personaxes "in English" (slippery fish, octopus , tuna fish, shark e whale) e cantade comigo. 



   De non tervos comigo esquecíaseme un pouco a letra jajajaja, pero aquí tedes tamén a versión do cole co cativiño da peli de "So na casa" que tanto vos gustaba.





   Xogade a facer un fondo mariño con cousas que teñades pola casa. Eu collín unha tea "blue", limpa pipas "green" e fixen peixiños con goma eva, pero podédelos debuxar que vos quedarán chulísimos, coma eses super Stick man que fixestes que me ensinaron as profes. Hai mil ideas, con botóns, limpa pipas, rolos de papel de wc, … Mirade qué cousas tan chulas por si vos queredes animar.








      Para os/as mais atrevid@s e animad@s probade a facer esta ficha/puzle. Tedes que colorear, recortar e pegar fixándovos moito na orde dos números. 


   Seguro que a vós se vos ocurren mil cousas para xogar e facer co fondo do mar. En nada poderemos tod@s disfrutar xogando na praia de verdade, xa veredes.

  Non vos esquezades de lavar as vosas mans despois de tanto traballo e hoxe especialmente xa que se celebra o Día Mundial do lavado das Mans.  Un bico moi grande nenos e nenas de Bergondo. Sede boíños/as e ata mañá. See you!!!


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...