Hello children! Hoxe celebramos o Día Internacional do Xogo e quería facelo recordando os lugares onde mais vos gusta xogar, o patio e o parque. Non podemos de momento ir a ningún dos dous polo dichoso Coronavirus, pero en nada estamos outra vez nos columpios e tobogáns poñendo a proba as nosas destrezas.
É moi importante ter sentidiño e que non vos pase como a Rocket (o amigo de Monkey) que cando foi xogar c@s amig@s, fíxose o chulito, saltou por un sitio "dangerous" e mancou. Menos mal que Star levaba tiritas.
A vós cal é o columpio que mais vos gusta?
SWING
SLIDE
ROUNDABOUT
Monkey adora "the slide".Supoño que lle recorda a trepar polas árbores "up and down".
Mirade que canción mais chula nos canta un amigo de Bieito, para animarnos a ir ao parque.
Xogar é tan divertido!E facelo ao aire libre mais. Podemos imaxinar montón de aventuras e poñemos o noso corpo en forma. Son tantas as actividades que podemos facer...! voar unha cometa, pasear na bici,...
Sei polo que me contan as profes, que nestes días de tanta calor, non tedes moitas ganas de traballar e é normal. De estar no cole, botaríamos mais tempo xogando e como hoxe é o día propio, pois a divertirse e a gozar!!! Let´s play !!! Ata mañá Ruliñ@s.
No hay comentarios:
Publicar un comentario