Mi lista de blogs

Sea animals





   Hello amiguiños/as! Gustouvos a canción de Slippery Fish que vos cantei onte? Ah que ainda non a escoitáchedes. Pois iso ten fácil remedio.



   Seguimos con mais cousas do mar, que para iso somos nenos e nenas da costa, jjj Imos practicar e aprender os nomes destes animaliños mariños "sea animals" con este vídeo no que "star fish" a estrela de mar nos presenta aos seus amig@s.







   E agora toca xogar un pouco. A ver se sodes quen de encaixar as pezas para que queden os "sea animals" ben feitiños.



   Coñecedes a CoComelon? A min faoume del a profe Eva, que lle gusta moito aos seus fill@s. Aprender "English" con el é superdiver. Con esta canción tan animada aprendemos moito da vida animal nas praias.




  Agora que xa sabemos un pouco mais da cantidade de vida que ten o mar, temos que recordar coidar moito do noso planeta, reciclar e utilizar a menor cantidade de plásticos posible para que non acaben coa vida dos animais que alí viven.

   Por se ainda tedes ganas de facer mais xogos e aprender, déixovos o enlace a un "memory" con "sea animals". Veredes cántos coñecedes. Pincha no enlace e dalle a start para comezar o xogo.





 
   Espero teñades pasado un rato agradable. Mañá volvo con mais cousas divertidas. Unha aperta virtual e ata mañá ruliñ@s. See you!






No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...