Mi lista de blogs

Peppa Pig and Easter Bunny



   Cómo estamos hoxe nenos e nenas de Carrio, Guísamo, Lubre, Silvoso e Vixoi? Veña que nesta semaniña témonos que ir preparando xa para a Pascua ( Easter) que ainda que esteamos na casa hai mil xeitos de celebrala. 

   Peppa e @s seus amig@s andan xa emocionad@s e mirade que dispost@s estaban o ano pasado para a "Easter Egg Hunt" (caza de ovos de pascua). Menos mal que a nai de Rebecca lles explica que Easter Bunny é moi tímido e non quere que o vexan. Podedes tratar como no cole de repetir a presentación de Peppa do principio do capítulo e cada un/ha da casa facer unha personaxe.


   Parece que Peppa conseguiu o seu Easter Egg e está super "happy".


   Xa estamos os Monkeys e eu argallando ideas para facer os nosos propios Easter eggs e agochalos pola casa. Vai ser divertido. Mirade cómo decoran estes de galleta unha nena e a súa nai. Ben sei que vos gusta axudar na cociña a papá e a mamá como cando preparades eses deliciosos biscoitos de cumple. Pois para a semana podedes exercer de reposteir@s que unhas cookies caseiras sempre sentan ben.



   Durante estes días non tiredes os rolos de papel hixiénico que nos van servir para facer simpáticos Easter Bunnies. As profes xa vos puxeron nos seus blogues algunhas ideas. Pedídelle a papá, a mamá ou aos vosos irmáns maiores que vos axuden e mans á obra que molan as "crafts" (manualidades).
   Qué vos parecen os que estamos facendo nós na casa. Animádesvos?


   De seguro que vós sodes mais creativos!!!

   Non vos esquezades de recoller os xoguetes, o voso material de traballo e ser boíños. 

   Hoxe rematamos con Peppa e os/as seus amigos desexándovos Happy Easter. Podedes vós tamén preparar un póster debuxando aos/as amigas da clase e mandarllo ás profes para que o compartamos nos blogues. Un biquiño!!!


3 comentarios:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...