As festas de Nadal xa remataron e na volta ás aulas convivían a ilusión e as ganas de contar o que nos trouxeran os Reis Magos e Father Christmas. Por suposto o noso amigo Monkey tamén recibiu a visita destes amigos que lle deixaron un "present" moi especial debaixo do "Christmas tree", un libro en inglés que quixo compartir con tod@s esta semana e que contamos nas distintas aulas: Hugless Douglas de David Melling.
É a historia dun oso (Douglas) que necesita unha gran aperta (a big hug) e se levanta unha mañá en busca dunha. Tras vivir diferentes experiencias, atopa a un "rabbit" que lle axuda a atopar a mellor aperta de todas: a da súa mamá.
Con este libro ao tempo que aprendemos vocabulario en inglés (bear, tree, sheep, owl, rabbit, cave, hug,...) valoramos a importancia do cariño e de sentirse querido.
Rematamos a lectura cunha cadea de apertas ou "hugs" que nos prepara xa para a celebración do día da paz coa que remataremos xaneiro.
Podedes ver neste vídeo unha presentación do libro para que vos fagades unha idea.
Monkey adora os contos. Regalar libros é sempre unha gran opción. Coas diferentes historias formámonos como persoas e nos permite vivir experiencias que non poderíamos na vida real e o mais importante de todo: soñar.
¡¡Vaia libro máis fermoso e cunha mensaxe preciosa!! Nótase que Monkey foi moi bo porque recibiu o mellor "present" : un libro.
ResponderEliminarA big hug teacher!!!
O libro é fermosísimo, hoxe os nen@s pedíronme que lle lo lera outra vez e ensaiamos diferentes tipos de apertas, a tod@s nos gustan. Monkey é moi obediente e ten que seguir así. A tender hug for you Dolores!!!
ResponderEliminar