Mi lista de blogs

Books in English...Good idea! Libros en inglés...Boa idea!



O vindeiro luns, día 23, celebramos o día do libro. Para todos aqueles pais e nais que teñades pensado agasallar a os vosos fill@s cun, por que non facelo con un "book in English" para que os vosos nen@s empecen a formar a súa propia biblioteca tamén en inglés. 
Cheeky Monkey, gran amigo deles, faivos desde este blogue unha recomendación The very hungry caterillar de Eric Carle. É, na miña opinión unha auténtica xoia de libro, moi visual, manipulable e con un esquema moi repetitivo que lles envolve na historia. Describe a vida dunha eiruga "caterpillar" ata converterse en bolboreta "butterfly". Con el aprenden tamén nomes de froitas e os días da semán. Estámolo a contar na clase (aproveitando que na aula das bolboretas iniciaron un proxecto dos vermes), e penso que ao coñecelo xa, resultará atractivo para eles adquirilo e velo na casa. Incluso algún nen@ se animará a verbalizar fragmentos. Sei que os libros en inglés non son doados de conseguir nas librerías tradicionais, sempre se pode recurrir a internet. 
Feliz día do libro! Happy Book Day!

12 comentarios:

  1. Que contento está Cheeky lendo o conto, vese que lle gusta moito. Non me extraña porque é un conto precioso e moi divertido. Por certo, moi boa idea iso de facer unha pequena biblioteca in english. See you tomorrow, teacher!!

    ResponderEliminar
  2. Thanks Rosa! Cheeky está tan "happy" con este conto que me pide que llo lea unha e outra vez. Maña lévoo a Silvoso para que tamen gocen del @s silvosiñ@s. See you tomorrow!!!

    ResponderEliminar
  3. Opino igual ca Rosa, a idea de comezar agora unha pequena biblioteca de inglés é estupenda e facelo co conto da "caterpillar" que lles entusiasma, moito mellor. Boa recomendación teacher! Unha aperta e Happy Book Day!!

    ResponderEliminar
  4. Cova, xa me ensinarás ese conto tan diver do que falades e que tanto lles gusta @s nen@s, ok?Bicos

    ResponderEliminar
  5. Onte vimos este conto en Imaginarium, pero en versión castelá. A ver se somos capaces de atopalo en "english" e así practicamos todos un pouco!!! Un abrazo e feliz día do Libro!!!

    ResponderEliminar
  6. María, eiche levar o martes o libriño para que lle botes unha ollada, xa verás como te sintes nena de novo. Biquiños.

    ResponderEliminar
  7. Alégrome que sigades as recomendacións de Cheeky, se non o atopades podovolo prestar para que disfrutedes toda a "family". Kisses, biquiños.

    ResponderEliminar
  8. Teacher!! Thank you por recomendar este libro tan divertido!! Nós as bolboretas de Carrio estamos a pasalo fenomenal cos vermiños e cada día estamos desexando que medren e medren para convertirse en bolboretiñas "white". Unha aperta e moitas grazas de novo!!Kisses!

    ResponderEliminar
  9. Thanks Saleta, hoxe as bolboretiñas disfrutaron tamén con outro libro precioso de caterpillars que lles levou Cheeky. Da gusto traballar na vosa aula porque teñen tanto interés e ilusión...o mérito é teu. Biquiños.

    ResponderEliminar
  10. Que cute!!! Esta entrada está superxenial. Esa eiruga tan larpeira ten uns seguidores estupendos. Grazas por compartir de xeito tan chulo toooodas estas cousas. Cheeky e máis ti estades facendo un traballo dixital ESTUPENDO. Biquiños aos dous...

    ResponderEliminar
  11. Moitas grazas Silvia,en especial polos ánimos sobor do traballo dixital,Cheeky controla mais ca min e me bota unha man. O super caterpillar teu motivou un montón aos nen@s. kisses and see you tomorrow!

    ResponderEliminar

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...