Mi lista de blogs

Peace and friendship (paz e amizade)



O libro de Hugless Douglas (a historia dun oso que buscaba unha aperta de cariño) ensinounos que existen moitos tipos de "hugs". Eleximos os nosos favoritos e debuxámonos abrazando aos nosos seres mais queridos.




Falamos do que nos gustan as apertas e practicamos na clase cos nos@s compañeir@s. Que mellor actividade poderiamos elexir para empezar a semana da Paz! Aquí podedes ver algúns dos nosos mellores"hugs":

A tender hug (aperta de cariño)


A sandwich hug (aperta bocadillo) 


Back to back hug (aperta costas con costas)


Chain hug (aperta en cadea)



Group hug (aperta en grupo)


Animádevos a practicalas. Happy Peace Day and tender hugs for everybody! Feliz día da Paz e apertas de cariño para tod@s!

Learning colours in English (aprendemos as cores)




Nas distintas escolas do C.R.A de Bergondo predominan as aulas mixtas onde conviven no proceso de aprendizaxe nenos e nenas de tres, catro e cinco anos. No deseño das sesións das clases de inglés , e tendo en conta esta particularidade, introducimos cancións, xogos e historias que permitan aos mais pequenos aprender as cores e os números "in English" e tamén reforzar nos maiores o xa adquirido.
Esta semana combinamos nas clases as aventuras de Monkey e os seus amigos, con outra gran amiga: Peppa Pig. Visionamos o capítulo "The rainbow" co que practicamos as cores en inglés. Cada un expresou as súas preferenzas: "What´s your favourite colour?" e tivo oportunidade de saber cal era a elección da familia de Peppa Pig. Podedes acceder a estes capítulos a través deste blogue (Learning English with Peppa Pig) ou ben na páxina de CLAN-Peppa Pig en inglés. Ás veces non está operativa.   
Asemade aquí vos deixamos esta nova canción para aprender "colours" dun xeito divertido. O proceso de aprendizaxe de cada nen@ é diferente e visionar estes vídeos na casa axuda a axilizalo.
Enjoy!


Christmas presents


As festas de Nadal xa remataron e na volta ás aulas convivían a ilusión e as ganas de contar o que nos trouxeran os Reis Magos e Father Christmas.  Por suposto o noso amigo Monkey tamén recibiu a visita destes amigos que lle deixaron un "present" moi especial debaixo do "Christmas tree", un libro en inglés que quixo compartir con tod@s esta semana e que contamos nas distintas aulas: Hugless Douglas de David Melling. 


É a historia dun oso (Douglas) que necesita unha gran aperta (a big hug) e se levanta unha mañá en busca dunha. Tras vivir diferentes experiencias, atopa a un "rabbit" que lle axuda a atopar a mellor aperta de todas: a da súa mamá.
Con este libro ao tempo que aprendemos vocabulario en inglés (bear, tree, sheep, owl, rabbit, cave, hug,...) valoramos a importancia do cariño e de sentirse querido.
Rematamos a lectura cunha cadea de apertas ou "hugs" que nos prepara xa para a celebración do día da paz coa que remataremos xaneiro. 
Podedes ver neste vídeo unha presentación do libro para que vos fagades unha idea.




Monkey adora os contos. Regalar libros é sempre unha gran opción. Coas diferentes historias formámonos como persoas e nos permite vivir experiencias que non poderíamos na vida real e o mais importante de todo: soñar.
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...