Back to school (de volta á escola)





Comeza un novo curso e Cheeky Monkey non nos acompañará este ano na nosa aprendizaxe en inglés. Contaremos co seu irmán maior Monkey, co que seguro gozaremos ao tempo que aprendemos. El será o protagonista de moitas das aventuras que viviremos na escola.
Os alum@s que empecen este curso no C.R.A. (@s de tres aniños) non precisan libro de inglés, xa que traballaremos dun xeito mais lúdico ao través de cancions e contos.
Para @s que xa son veteran@s no C.R.A (@s de catro e cinco anos) deberán mercar o libro de Playschool A da editorial Oxford con ISBN:9780194734080 . Ampliaremos as unidades do mesmo con material de elaboración propia en coordinación coas diferentes titoras e dentro dun proxecto común de centro.    


Un saúdo e feliz inicio de curso a tod@s.
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...