We love Halloween!!!


Levamos xa uns díiñas disfrutando da parte de misterio e certo medo que nos aportan as personaxes de Halloween e familiarizándonos cos seus nomes en inglés a través de contos e cancións. Incluso confeccionamos os nosos "ghosts" ou "witches" . Estabamos moi motivados porque coñecimos estas persoaxes grazas a unhas "finger puppets" (marionetas de dedo) chulísimas e proxectamos as súas sombras de cores cunha linterna máxica. 


Resúltanos moi divertido pensar que podemos asustar aos maiores.
Sumerxímonos no fantástico mundo das bruxas con tres contos que nos arrancaron risas e suspense.












Aquí podedes ver unha e outra vez as aventuras de Meg, unha witch un pouquiño desastrosa nos seus feitizos.




E como non , tampouco faltaron as cancións de cabazas, truco ou trato ou de casas encantadas.








Happy Halloween!!!

Learning numbers


E seguimos a presentar algunhas das nosas cancións preferidas para estes primeiros días. Con estes simpáticos "monsters" os mais pequenos aprenden a contar en inglés dun xeito lúdico.

September: meeting friends.


  

 Comezamos un novo curso escolar e con el atopámonos cos amig@s e coñecemos a outros novos. Estes primeiros días axudamos aos de tres aniños que se incorporaron con moita ilusión. Xa dando os nosos primeiros pasos nas clases de English disfrutamos con cancións como a que vos presentamos a continuación (moi propia para futuras excursións).




Ata vindeiras entradas. See you!

Winter days



A volta ao cole despois das vacacións navideñas costounos un chisco, pero pouco a pouco imos entrando de novo na rutina escolar e estes días de frío vivimos con ilusión a posible chegada da neve.
Acudimos ás escolas ben abrigadiños con "hat, gloves/mittens and scarf". Qué mellor xeito de practicar o vocabulario das prendas de vestir en inglés que con estes divertidos capítulos de Peppa Pig e esta simpática e pegadiza canción.


Our Daily Routines



Ao comezo de cada sesión da clase de inglés adicamos un tempo ás rutinas da aula : dicir quen está e quen non está na clase ( Nuno is here today, Marta is not here today), nomear axudante/encargado ( helper), escribir a data e saber o tempo que vai (How´s the weather? t´s sunny) .



















Para cada unha destas rutinas temos unha canción. Mirade que ben cantan os nenos e as nenas de Guísamo a dos meses do ano.



It´s Halloween!


O Halloween é unha das celebracións que máis ansiosamente esperamos e logo pásasenos voando entre pantasmas, esqueletes, bruxas e morcegos. Son seres que nos dan certo respeto, pero ao mesmo tempo atráenos esa sensación de asustar e xogar co medo.

Na clase de inglés convivimos con estas personaxes a través de contos e cancións. O noso favorito é o da bruxiña Meg e visionámolo nos EDIs. 





Coloreamos Pumpkins (cabazas) e tentamos aprender unha canción. 





Nas escolas a ambientación era total!!!!!!!




Aprendemos as tradicións dos países de fala inglesa sobor da celebración do Halloween e como os/as nenos/as van polas casas a pedir chuches disfrazados. Encantounos esta canción coa que ademais de "trick or treat" aprendemos os nomes de diferentes disfraces.



Encántanos asustar!!!! Xa temos elexido cada un o noso propio disfrace. 


Happy Halloween!

Autumn / Fall


O Outono hai días que entrou e as aulas están cheas de follas e froitos desta estación (Autumn en inglés británico / Fall en inglés americano) aportados polos nenos e nenas do CRA e recollidos coas súas familias.
As diferentes cores das follas nesta época, sirvénnos para introducir algunhas "colours" cos mais pequenos e aprender algúns nomes de froitos cos maiores.



Tamén disfrutamos con esta simpática cancionciña na que aparecen animaliños do bosque en procura de alimentos.


Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...