No segundo trimestre na clase de inglés:
-Coñecemos o vocabulario correspondente aos xoguetes "toys" a través dun conto de Monkey e os seus amigos: car, teddy bear, scooter and book.
-Aprendemos as prendas de inverno "Winter": hat, gloves, mittens, scarf and coat.
-Traballamos a unidade da paz "Peace" en coordinación coas titoras e valoramos a importancia da amizade, practicando a expresar: "my best friend is..."
-Introducimos xogos de patio mediante unha historia de Monkey e os seus amigos. Aprendimos: playground (patio), slide (tobogán), roundabout (tíovivo) and bridge (ponte).
-Expresamos sensacións de frío e calor: it´s cold and it´s hot.
-Iniciamos o coñecemento do vocabulario referente ao Entroido "Carnival" e en particular aos piratas "pirates". Fixemos un "parrot" (loro), escoitamos como Monkey e os seus amigos se disfrazaban na escola (na pizarra dixital ) e aprendimos un poema para sortear e xogar.
-Iniciamos a primavera "spring" con dúas cancións (nursery rhymes) do tempo propio desta época: I can sing a rainbow (a letra figura nas fichas) e Rain, rain go away.
-Coñecemos as tradicións da Pascua nos países anglosaxóns "Easter". Falamos do coelliño de pascua "Easter Bunny" e "Easter Eggs" (ovos de Pascua).
-Aprendemos dúas cancións tradicionais británicas: "The wheels on the bus" e "Once I caught a fish alive".
-Gozamos con dous contiños que lles entusiasmaron:
" Monkey Puzzle" e "Three Goats Gruff and a Grumpy Troll" que tamén vimos en formato dixital "Three Billy Goats".
E fixemos as fichas que vedes a continuación: