Mi lista de blogs

Christmas is all around


O mes de decembro empezou hai nada e con el viñeron a maxia e o encanto do Nadal. Nós na escola empezamos a preparar o ambientiño navideño con diferentes cancións e historias que alimentaban a ilusión que temos por estas datas.
Aquí tedes algunhas delas.






Estade pendientes de novas entradas onde compartiremos as nosas panxoliñas favoritas e contos de Nadal

We love Halloween!!!


Levamos xa uns díiñas disfrutando da parte de misterio e certo medo que nos aportan as personaxes de Halloween e familiarizándonos cos seus nomes en inglés a través de contos e cancións. Incluso confeccionamos os nosos "ghosts" ou "witches" . Estabamos moi motivados porque coñecimos estas persoaxes grazas a unhas "finger puppets" (marionetas de dedo) chulísimas e proxectamos as súas sombras de cores cunha linterna máxica. 


Resúltanos moi divertido pensar que podemos asustar aos maiores.
Sumerxímonos no fantástico mundo das bruxas con tres contos que nos arrancaron risas e suspense.












Aquí podedes ver unha e outra vez as aventuras de Meg, unha witch un pouquiño desastrosa nos seus feitizos.




E como non , tampouco faltaron as cancións de cabazas, truco ou trato ou de casas encantadas.








Happy Halloween!!!

Learning numbers


E seguimos a presentar algunhas das nosas cancións preferidas para estes primeiros días. Con estes simpáticos "monsters" os mais pequenos aprenden a contar en inglés dun xeito lúdico.

September: meeting friends.


  

 Comezamos un novo curso escolar e con el atopámonos cos amig@s e coñecemos a outros novos. Estes primeiros días axudamos aos de tres aniños que se incorporaron con moita ilusión. Xa dando os nosos primeiros pasos nas clases de English disfrutamos con cancións como a que vos presentamos a continuación (moi propia para futuras excursións).




Ata vindeiras entradas. See you!

Winter days



A volta ao cole despois das vacacións navideñas costounos un chisco, pero pouco a pouco imos entrando de novo na rutina escolar e estes días de frío vivimos con ilusión a posible chegada da neve.
Acudimos ás escolas ben abrigadiños con "hat, gloves/mittens and scarf". Qué mellor xeito de practicar o vocabulario das prendas de vestir en inglés que con estes divertidos capítulos de Peppa Pig e esta simpática e pegadiza canción.


Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...