Non podiamos rematar o curso sen adicarlle un pouquiño do noso tempo aos Xogos Olímpicos de Londres (London 2012) e deste modo vestir ao noso fiel amigo Cheeky Monkey coa camiseta de deporte e que protagonice as portadas das nosas carpetas co traballo dos últimos meses.
Así que mans á obra explicamos un pouquiño da historia dos xogos, falamos do que simbolizan os aros olímpicos e dixemos as súas cores en inglés, situamos London, vimos algún dos seus monumentos mais representativos e valoramos a importancia de facer deporte como hábito de vida sana.
As carpetas inclúen algunhas fichas ou letras de cancións complementarias ao traballo desenvolvido na aula. Por tratarse o infantil dunha etapa na que a aprendizaxe dunha nova lingua (neste caso o inglés) debe facerse dun xeito lúdico a través de xogos, cancións e contos fundamentalmente, o traballo de fichas é moi reducido ao primar a expresión e comprensión oral.
Unha boa maneira de rematar o curso e coas fotos engadidas de LONDON CITY está xenial, así achéganse un pouco máis o que vai vir coas olimpiadas, que ben está teacher, noraboa!!!!
ResponderEliminarThank you María, a visita de Cheeky a Londres motivoulles un montón á hora de querer saber cousas sobor desa cidade e como dentro de ben pouquiño vai estar en todos os medios...Biquiños!
EliminarParéceme unha idea estupenda a de tratar os xogos olímpicos. Cheeky está moi guapiño nas carpetas con esa camiseta tan "olímpica".
ResponderEliminarE Luiz está xa moi preparado para recibir os xogos.
¡¡Unha aperta, Cova!!
Graciñas Dolores, non podiamos deixar pasar a oportunidade de a través dos xogos olímpicos coñecer algo mais da capital do pais cuna da lingua que estudan e valorar a importancia do deporte. Luiz estaba superorgulloso posando coa súa camiseta olímpica. Biquiños!
ResponderEliminarUnha actividade estupenda!! E as fotos da teacher e Cheeky Monkey in London axudan aos nenos a achegarse a esta city. Moitos deles deixarán abraiados aos papás cando escoiten nos medios "Londres" e empecen a contarlle todo o que aprenderon. Unha aperta!!
ResponderEliminarEsperemos que teñas razón Rosa, e os nen@s lles expliquen aos seus pais todo o que aprenderon sobor de London. Os teus silvosiñ@s foron dos mais atent@s e preguntaron moitas cousas. O ver a Cheeky e saber que el é de alí, axudou moito. Mil biquiños e ata o wednesday, see youuuuuu!
ResponderEliminarHola,una actividad muy bonita, una manera de conocer un tema que van a escuchar y ver este verano. Gracias
ResponderEliminarUnhas fotos chulísimas!!! Aínda que vindo de Cheeky e a "Teacher" non é para menos. Nótase que disfrutáchedes moitísimo da viaxe e así llo transmitides ós nenos. ¡¡Congratulations!! We will miss you!!! Kisses
ResponderEliminar