Mi lista de blogs

Colours


   As cores rodean o noso mundo, e na aula de infantil non poderíamos vivir sen elas. A aprendizáxe das mesmas en inglés, plantéxase como na súa propia lingua materna, introdúcenselle simultáneamente e o alumn@ vainas asimilando dun xeito natural.

   Estes días gozamos nas aulas dun conto que nos axuda a interiorizalas, titúlase Brown bear, brown bear what do you see? de Bill Martin e Eric Carle. A estructura sempre é a mesma van aparecendo animais aos que se lles pregunta que ven e eles contestan o nome do animal e a súa cor. Podédelo ver no seguinte video de you tube cantado polo autor. 


Asemade podedes practicar as cores cos vos@s fill@s na casa cantando con eles esta bonita canción. Nos xa estamos disfrutando e aprendendo con ela na escola.


Xa nos estamos preparando para Halloween, moi prontiño teredes noticias!!!

4 comentarios:

  1. Vin ese fermoso libro a semana pasada, en Guísamo, e encantoume ¡¡que maneira tan divertida de repasar as cores!! Noraboa Cova, graciñas por ese exquisito gusto para escoller e facernos gozar con libriños tan bós. ¡¡Biquiños!!

    ResponderEliminar
  2. Thank you Dolores! Calquera libro de Eric Carle é unha aposta segura. Os nen@s disfrutaron moito con ete libro e as súas ilustracións, sorprendeulles un pouco o da black sheep. Biquiños e unha aperta.

    ResponderEliminar
  3. Boto de menos non coincidir máis contigo para ver eses fermosos e divertidos libros, teacher!! Noraboa porque os nenos aprenden moito contigo e os teus recursos. Kisses!!

    ResponderEliminar
  4. Thank you Saleta, I miss you too!!! Da gusto traballar c@s teus nen@s. A big hug!!!

    ResponderEliminar

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...