Mi lista de blogs

It´s hot! Time for an ice cream



   Good morning children! Today it´s very hot!(vai moita calor). Hoxe é o día ideal para pedir un "ice cream" ou facelo na casa. Qué vos parece? Antes imos repasar un pouquiño cómo decir o tempo que vai "in English" que con tantas emocións estes días seguro que andades algo desmemoriados/as. 


   Variamos un pouquiño de canción "song", que a do porquiño que saía voando seguro que xa a tiñades algo aburrida.

   Hai xeados de mil formas e sabores, de cucurucho, de vaso, de pao,...de "strawberry" fresa, de "chocolate",...Cal é o voso sabor favorito? Ide pensando que xa se achega o carriño dos xeados. Hurry up!


  Pois agora imos preparar o noso "favourite ice cream". Collede o voso material: "crayons, scissors, glue,..."


   Qué vos parece facer un "ice cream" con tantas bolas coma letras ten o voso "name? Pois mans á obra! Aquí tedes un modelo por si vos axuda. Tedes que lle engadir tantas "coops" como  letras.




   Xa se nos está facendo o boca auga, non si? Os/as ingleses/as din "My mouth is watering". 

   Que non tedes ainda moi claro o sabor? Pois a ver se esta cancioncilla vos inspira.



   Un pouquiño mais de traballo antes do merecido premio. Xogamos a contar e a seguir camiños.




   
   Bueno amiguiños e amiguiñas "my Friends", para rematar un par de xogos. Un para repasar as cores e outro de habilidade para facer "ice creams". Recordade premer nos enlaces.





Have a nice weekend!


Going to the park

   
   Hello children! Hoxe celebramos o Día Internacional do Xogo e quería facelo recordando os lugares onde mais vos gusta xogar, o patio e o parque. Non podemos de momento ir a ningún dos dous polo dichoso Coronavirus, pero en nada estamos outra vez nos columpios e tobogáns poñendo a proba as nosas destrezas.

   É moi importante ter sentidiño e que non vos pase como a Rocket (o amigo de Monkey) que cando foi xogar c@s amig@s, fíxose o chulito, saltou por un sitio "dangerous" e mancou. Menos mal que Star levaba tiritas.




   A vós cal é o columpio que mais vos gusta?


                                  SWING



                                 SLIDE 

                           ROUNDABOUT

   Monkey adora "the slide".Supoño que lle recorda a trepar polas árbores "up and down".

   Mirade que canción mais chula nos canta un amigo de Bieito, para animarnos a ir ao parque.



   Xogar é tan divertido!E facelo ao aire libre mais. Podemos imaxinar montón de aventuras e poñemos o noso corpo en forma. Son tantas as actividades que podemos facer...! voar unha cometa, pasear na bici,...




   Sei polo que me contan as profes, que nestes días de tanta calor, non tedes moitas ganas de traballar e é normal. De estar no cole, botaríamos mais tempo xogando e como hoxe é o día propio, pois a divertirse e a gozar!!! Let´s play !!! Ata mañá Ruliñ@s.

Playing at the beach




   It´s sunny again! Outro precioso día de sol! Estou segura que moit@s de vós xa sacastes as piscinas ou poidestes disfrutar dun ratiño na praia/beach. Monkey xa anda todo nervoso e emocionado con facer "sand castles" (castelos de área), moito lle gusta. Se se porta ben e non me lía ningunha, vouno levar "on Saturday". Mirade que "happy" estaba o verán pasado. Non lle faltaba detalle, jjjj.



   Na praia podemos xogar a un montón de cousas e incluso gastarlle algunha bromiña a "mummy" ou "daddy" se quedan algo "sleepy" ao sol. Nunca xogastes a enterrarvos na praia/beach? Pois mirade qué travesura fixo Spot cando foi co seu papá e a súa mamá.



   Imos preparar os nosos bañadores!!! Podedes colorear, recortar, pegar nun folio e debuxarvos vós con ese "lovely swimming suit/trunks"




   Pois collede gorra, toalla e "sun cream" que imos ir coa familia amiga de CoComelon disfrutar dunha xornada na praia.


   E xa toca facer o noso propio "sand castle". Qué vos parece esta idea? Tan so tedes que debuxar o voso propio castelo de area, botarlle "glue" (pegamento) polas liñas do debuxo e logo esparcir a area.







   Para os que sodes menos lanzados ao de debuxar...


   Xa logo chega a fin de semana e papá e mamá estarán mais libres para xogar con vós. Sede moi boíños e xa me contaredes. Enjoy the sun! pero con sentidiño.

The Tooth Fairy

  


   Hello girls and boys! Xa almorzastes? Espero que seguírades os consellos que vos din onte e fora un "healthy breakfast". Pois agora toca lavar os dentes. Os monstros bracilongos vanvos dar uns conselliños para facelo "properly" correctamente. Tende preparado o "tooth brush" e a "tooth paste".




   Da gusto notar a boca fresquiña! É moi importante coidar a nosa hixiene bucal para non ter caries. Para iso debemos cepillar os dentes tres veces ao día, despois de cada comida: "breakfast, lunch and dinner". 

   Aquí en España cando se nos cae un dente ven o noso amigo o Ratiño Pérez. El repártese o traballo cunha amiga " The tooth Fairy" A fada dos dentes, que é a que se encarga de ir ás casas dos nenos e nenas ingleses/as.

   Recordades cando se lle caeu un dente a Peppa e " The Tooth Fairy"  foina visitar? A moi chulita de Peppa dixo que ía esperar toda a noite desperta, pero non puido co sono, jjjjj.




   Cómo vos imaxinades á Tooth Fairy? Eu creo que ten as e un bote onde garda todos os dentes. Algo así. Animádesvos a coloreala?

   

   Mirade qué lenda mais fermosa se conta de Tooth Fairy, di así : cada neno e nena que lle deixa un dente limpiño e sen caries debaixo da almofada, The Tooth Fairy lévao ao seu fogar e dalí vai ao ceo e convírtese nunha estrela que brila cada noite para nós. A cambio deixa una moneda.Por iso é moi importante que coidedes da vosa dentadura, cepillándoa e non abusando das chuches.

   Deixovos ata mañá disfrutando desta historia tan bonita. Pola noite mirade ao ceo e pensade que algún deses puntiños que brilan, son os dentes dun neno ou unha nena que os coidou e limpou cada día.




Wake Up!!!



   Good morning children! hoxe é luns /Today is Monday e seguro que vos costou mais espertar, despois dunha finde tan boa e deitando algo mais tarde. Recordades cando nos faciamos os/as durmid@s no cole e Monkey nos despertaba trabándonos dunha orella? Moito nos riamos, jjjj Pois o moi galopín fíxomo a min esta mañá cando andaba preguiceira e con poucas gañas de deixar a cama.


   Víchedes que tiña os ollos medio legañentos e os pelos revoltos? Cando espertamos temos que lavar a cara, almorzar, cepillar os dentes, peitearse,...

   Imos aprender a decilo "in English con esta canción:


   

   O almorzó é moi importante porque é o que nos da enerxía para todo o día. What do you have for breakfast? Qué almorzades?

   Ímolo debuxar nunha ficha. Douvos dúas opcións:


   Queredes unirvos ao Clube do almorzo de Sesame Street? Eles nos insisten no importante que é almorzar ben para ter enerxía.


   For breakfast I have



                                     BREAD WITH OIL



ORANGE JUICE


COFFEE AND HONEY


   É importante tomar froita, algún lácteo e cereais, para un "healthy breakfast" porque o destes elementiños ten que estar "Delicious", pero moi" healthty " non é, jjj  Ainda que por un día...




   Bueno rapaciños/as non esquezades "brush your teeth" lavar ben os dentes e a disfrutar deste "sunny day" Ata mañá! See you tomorrow! Sede boíños/as.

Traveling to the Moon







   Hello children! Here we are on a cloudy friday! Creo que está un día ideal para vivir unha aventura interestelar. Viaxamos en cohete? Non sei se recordades a Wallace e Gromit, duás personaxes moi divertidas feitas con plastilina. Wallace adora o queixo "cheese" e cando se lle acaba na casa, non se lle ocurre mellor cousa que construir un cohete "rocket" para viaxar á lúa "moon" que pensa está feita de queixo. 
   A peli é moi divertida e dura uns 23 minutos. Eu non a colgo enteira no blogue por motivos de dereitos de autor, pero podédela ver escribindo no navegador Wallace and Gromit grand day out.
   Non teñades medo a poñerlla en inglés por aquelo de que non entendan cada palabra. Eu considero moi importante que os nenos e nenas se habitúen co apoio da imaxe a escoitar historias en inglés. Paréceme que pelis curtas ben seleccionadas axudan á aprendizaxe do idioma dun xeito natural (cunha pequena explicación previa).

   Aquí tedes o tráiler da historia.




   E a continuación o fragmento onde constrúen o cohete para viaxar á lúa no garaxe da súa casa. É superdivertido!



   Cando despega un "rocket" é fundamental a conta atrás. Nós na escola, hai uns anos construimos un "rocket" con dous vasos de plástico, unhas gomas e un cohete coloreado e recortado por nós. Contamos cara atrás e...


   E se imos ser os tripulantes vestir a roupa adecuada é fundamental, por aquilo da gravidade e de poder respirar. Mirade a Cheeky, qué preparadiño está para viaxar á lúa!



   Ready to blast off! Lista para o despegue! Hai moitas posibilidades de facer o noso propio cohete "rocket" ou nave espacial "spaceship". Aquí tedes una delas.




   Sei que vos estades aficionando a isto das manualidades, jjjj Déixovos un modelo de cohete para colorear e montar como vós queirades. Podedes facer a vosa cara asomando.


    E mirade cánta emoción polo despegue. Igual algún/ha recoñece a un irmán/á por ahí,jjjj Eu doume conta de dous.






   Un biquiño moi forte rapaciños/as. Pasade boa finde e portádevos ben con papá e mamá. Todos/as as profes temos ganas de vervos. 

   Have a nice weekend!

George´s racing car



   Good morning children! Another sunny day! Levamos toda a semaniña viaxando dun lado a outro,jjjj Collemos as nosas "bikes", fomos maquinistas dun tren de vapor,...Hoxe imos disfrutar da velocidade dos coches de carreiras "racing cars" con George e Peppa.

   Xa o decimos sempre no cole, non precisamos comprar e comprar; coa nosa imaxinación, cousas vellas da casa e algo de maña podemos disfrutar do lindo. Mirade que "Racing car" lle construiu grandpa pig a George.



   Queredes facer vós un con rolos de papel hixiénico? Pois seguide estas intruccións pinchando no enlace.




    Imos facer un percorrido virtual cos nosos vehículos. Recordade cambiar a velocidade "fast" e "slow" como faciamos no cole coa canción de "Head and shoulders".






   Sempre é mais seguro conducir non moi rápido, ainda que coa "bike" ás veces mola darlle "fast" costa abaixo, jjjj

   Ter cousas implica tamén unha responsabilidade. Os xoguetes temos que recollelos nós, ás mascotas hainas que coidar, e se temos bici, moto ou coche témolo que lavar, como as nosas mans.





   Podemos axudar tamén a mamá e a papá, que lavar o coche pode ser moi divertido en equipo. 

   Bueno ruliñ@s isto é todo por hoxe. Recordade que cada día hai unha entrada nova e podedes visitar as anteriores e xogar cos memories unha e outra vez, que nos axudan a aprender dun xeito divertido. Ata mañá! See you children!


Grandpa´s little train


   Good morning girls and boys! Qué vos pareceu o paseíño que nos demos onte coa nosa imaxinación nun bus londinense de dous pisos? It was fun! Divertido, estou segura. Pois como xa collemos bici e bus, hoxe imos vivir unha experiencia nova para moit@s: montar en tren. Igual xa sodes viaxeiros e viaxeiras experimentados e fostes coa vosa familia ao mellor a Santiago desde Coruña. Mola a que si? 

   Os trenes modernizáronse moito. Antiguamente a máquina era de vapor, coma a do avó de Peppa. Moi gracioso e boíño é este home. Oféndese todo cando lle din que o seu é un "toy train" tren de xoguete, pero é que realmente...

   Bueno non vos conto mais. Imos disfrutar deste capítulo. Non vos esquezades de imitar á familia de Peppa na presentación como faciamos no cole.



   Pois agora vós ides ser os/as maquinistas do "train", podedes facer a vosa propia gorra de maquinista. Coma a de Thomas, ou reutilizar unha que teñades por casa e darlle un aire profesional.


   Poñemos en marcha motores e cantamos con Peppa. A letra é moi coñecida.



   Facemos a nosa máquina de "train"? Tedes dúas opcións. A primeira é mais sinxela. Trátase de colorear, recortar e pegar nun brick pequeño ou rolo de papel a parte de diante e a de atrás. A outra é un pelín mais complicada e igual precisades axuda. Debuxádevos vós de maquinistas.





   Tamén existen "trains" nas grandes cidades que van por debaixo da terra "underground" e a tramos polo exterior. Se algunha vez fostes a Madrid, Barcelona, Bilbao, París,...igual viaxastes nun así.


   Son moi rápidos, e moitos maiores os utilizan para ir traballar. En España chamámoslle metro, pero os/as ingleses/as chámanlle "tube".

   Moito nos gusta aos Monkeys e a min viaxar en tren! Fixádevos ben de subir no vagón correspondente. están numerados.


   Amiguiños e amiguiñas, o mundo dos "trains" é fascinante e poderíamos botar horas falando, pero imos deixar un pouquiño para outro día. A big hug children! Ata mañá!

The wheels on the bus

  
  Hello girls and Boys!Today is Tuesday and sunny!Un día ideal para ir de excursión coa nosa imaxinación. Imos coller un "English Bus" en toda regla, "red" e con dous pisos "double decker bus". Mola mogollón percorrer London nun deses. Moi ben o pasamos Cheeky e eu a última vez que estivemos alá.


   Non paramos de cantar e de disfrutar das vistas desde o piso de arriba. Cheeky púxose teimudo, jjjj e non houbo outra mais que subir. As rodas daban voltas mil, as portas abríanse unha e outra vez,... Recordades?




   Moito vos gusta esta canción! Normal, no cole moviámonos por toda a clase e era ben divertido. Menudas maquetas de cartón! Os/as que as fixeron son uns/has artistas. Nós voltaremos de excursión, xa veredes. 

   Desde o bus vimos algún dos monumentos mais chulos de London. É unha cidade preciosa!!!



   Por qué non organizades unha viaxe cultural por Bergondo e visitamos os lugares máis bonitos e os monumentos mais importantes? Qué vos parece? Podédesvos debuxar no bus cos amig@s do cole. Non vos pidades tod@s no piso de arriba, jjjj Cada ventaniña para a cabeza dun amigo ou amiga "friend".


   Onte fomos en bici, hoxe en autobús,... igual temos ata que coller un cohete un destes días.
    
   Imos xogar un pouquiño logo. Qué tal un memory de transportes? Preme no enlace e logo en Start para empezar a partida. Dalle cantas veces queiras.





    Un bico con sabor londinense rapaciños e rapaciñas. Ata mañá! See you!

Having fun with my bike





      Good morning children! Cómo vos foi na fin de semana? Seguro que poidestes saír un ratiño xogar fora, pasear, montar nas vosas bicis,... It was sunny! e daba gusto poder xogar e disfrutar.

   Espero que non vos pasara como a nena desta canción, que no seu primeiro día sen ruedíns mancouse un pouquiño e logo tiña medo de volver intentalo. Menos mal que a súa nai lle presta a pulseira do valor para ser "very brave". Non pasa nada por caer, a que non?Somos moi "strong" e intentámolo sin rendirnos "We can do it!"


   Eu tamén saín onte coa miña "bike" e casi me caio unhas cantas veces jjjj ainda teño moito que practicar.



   Non podemos esquecer levar o noso casco "helmet"

Helmet

   Queredes diseñar o voso propio "helmet"?



   Ou probar a facer a vosa bici con tan so catro elementos e algo de habilidade. Pinchade no enlace para ver cómo se fai "how to do it"


Pero tamén podedes facer a vosa bicycle con limpa pipas, papeis de cupcakes ou CDs de refugallo; incluso facer arte con pincel e pintura de dedos.






   Espero teñades gozado con esta xornada "biker". Recordade xirar "right and left". Déixovos un pouco de axuda. Ata mañá rapaciñ@s!


Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...